A banda municipal de música da pequena vila de Cobisa, duns 4.500 habitantes situada a uns cinco quilómetros ó sur de Toledo, a capital manchega, deu este martes un concerto nas Pontes que, en principio estaba previsto no parque Campo da Feira; pero, debido ó vento trasladouse ó auditorio do edificio de Cultura Casa Dopeso, o cal, pese a ser un día de agosto rexistrou unha boa asistencia de público.
A agrupación musical toledana, da terra das andanzas do lendario Don Quijote, ofreceu este concerto de xeito altruísta dado que a súa presidenta, Rocío Ruiz Tordera, ten familia na vila pontesa, e foi aproveitando unhas xornadas de convivencia que fan tódolos anos os membros desta agrupación musical toledana, e nesta ocasión correspondeu polo país de Rosalía de Castro e de Castelao, que comezaron o luns 18 para regresar á súa localidade este xoves.
O público asistente gozou da música ofrecida por esta xoven banda, a cal con apenas sete anos de vida conta xa cun amplo prestixio no mundo das bandas de música. No seu concerto ofreceron pezas moi coñecidas, como o pasodoble Manolete, New York, New York, El Hombre de La Mancha, El Libro de la Selva, Quenn in Concert, e, como non, unha obra galega na honra dos seus anfitrións, Airiños, aires, unha rapsodia do compositor lugués Gustavo Freire (1885-1948).
Esta banda musical foi fundada en 2007 e na actualidade conta con corenta músicos de tódalas idades. Está dirixida por Cereal Montealegre Sánchez. Ten ofrecido varios concertos por localidades de Castela A Mancha, así como en vilas de Castela e León, como Puebla de Sanabria e outras. Moitos dos seus compoñentes están hoxe nos Conservatorios Superiores de Música de Madrid e Toledo.
Esta é a primeira vez que actúan en terras galegas. O xoves desprazáronse ata Ares para ofrecer outro concerto e despois de xantar nun coñecido restaurante pontés, este xoves iniciaron a viaxe de regreso á súa terra. Durante o aperitivo posterior ó concerto pontés quedou o compromiso de actuar o vindeiro ano nas festas patronais das Pontes.
Novas
- Os ponteses Alberto da Silva e Román Varela logran o premio a mellor proxecto do XII Carballo Interplay
- Concertos ilustrados. Con Richi Casás
- 1ª Proba Copa Galega Infantil de Piragüismo
- ACTUACIÓN DO CVF AS PONTES NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DA CLASE VAURIEN 2025
- PARTICIPACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NO CAMPEONATO DE ESPAÑA 2025 DA CLASE VAURIEN
- Campionato de España Piragüismo Xóvenes Promesas
- IX ruta turística vila de As Pontes
- Folixa camp Semana Santa
- Xornada de promoción do barco dragón
- Desafío olímpico para socios do Grupo Xuvenil
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios