A velocidade máxima de gravación dos DVD podería ser 16x

Lendo codigocero.com:
“As gravadoras de DVD chegarán en breve a unha velocidade de 16x, o que permitiría a gravación dun DVD nuns 6 minutos, pero segundo os enxeñeiros de HP e Omega tal velocidade podería ser a máxima que soportaría tal tecnoloxía.
Actualmente se aprobaron as especificacións das gravadoras a 16x, aínda que os discos de 12x aínda non están no mercado (a velocidade de gravación establecida como máximo para os consumidores queda así en 8x polo momento), polo que poderían tardar en chegar ás velocidades anunciadas pero, ¿poderían superalas?”…

mypundit.jpg


…”Resulta que a 16x un disco xiraría a 10.000 revolucións por minuto, o equivalente a 52x nun CD, pero de acelerarse máis o material que o compón comezaría a agretarse, o que crearía unha barreira na velocidade que poría nun apuro ós fabricantes, que non poderían manter altos os prezos en base a un incremento paulatino da velocidade, polo que deberán incorporar novas prestacións, como podería ser gravar polas dúas caras dos discos que o permiten sen ter que xiralos ou combinándoos con lectores de tarxetas de memoria.”
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios