A XENTE DO POBO NON QUERE UNHA FESTA DA FRAGA ASÍ

Onde poñemos este sofá que a 20 de agosto estaba no río na fraga ?¿
Onde queda millor? diante do concello? a pé do cemiterio…?¿ quizais na capela do carme, no heliporto… na praza do hospital, para que seña de interese turístico e o vexan nada mais entrar no pobo os visitantes.. ? ou no poboado, ou millor na carretera ???? ou se cadra… o volvemos a deixar no río?

CRW_9121.jpg


A Festa da Fraga, co fin de pretender ser a meirande non sabemos que da comarca, convertiuse ultimamente nunha zona e nunha data un tanto distinta e desagradable para moita xente do pobo, que cada vez desfruta menos dela, ou directamente prefire nen ir.
Son moitos os bos recordos de tantas décadas de romeria campestre e veciñal, de festa aberta e colectiva, de celebracion centenaria e de bon gusto, os que agora se ven invadidos e vencidos por unha morea de lonas negras, carpas circenses, neveiras e puntais, chiringuitos e palcos, cristais e plásticos, e unha falta de respeto polo medio e os veciños nunca vista nas pontes.
A xente do pobo, cansou, e quere unha alternativa. Un cambio firme e radical co fin de millorar a nosa querida Festa da Fraga. Para elo, se está a elaborar unha proposta básica e de respeto para non botar a perder o que todavía podemos conservar antes de que se nos acabe de ir das mans por completo como está a suceder nos ultimos anos.
Esta proposta conleva unha serie de cambios moi significativos na organizacion (actualmente moi escasa), e unha serie de medidas que terán que ser levadas a cabo polo organismo correspondente, neste caso o concello. É un deber de cara ó pobo, i é de xustiza nos tempos que corren non ter que soportar un insulto ó medio e ó respeto común como é hoxe en día o tratamento que recibe o Parque Natural e a Festa veciñal e campestre do 25 de Xullo, na Fraga.
Xente do Pobo
(en moita proporción*)
* esta proposta será elaborada, respaldada e asinada proximamente por cidadáns e colectivos sociais da vila.

CRW_9117.jpg
CRW_9120.jpg
CRW_9124.jpg
CRW_9126.jpg
CRW_9129.jpg
CRW_9136.jpg
CRW_9137.jpg
CRW_9139.jpg
CRW_9143.jpg
CRW_9145.jpg
CRW_9149.jpg
CRW_9151.jpg
CRW_9152.jpg
CRW_9157.jpg
CRW_9165.jpg
CRW_9166.jpg
CRW_9169.jpg

También podría gustarte
Comentarios