A Xunta promove nas Pontes unha planta de reciclado de latas

Lendo lavozdegalicia.es:
“A Consellería de Medio Ambiente promove a construcción dunha planta adicada ó reciclado de latas -de conserva, bebidas…- e outros tipos de chatarra nas Pontes.
A instalación, que empezará a funcionar no segundo semestre de 2005, terá capacidade para reciclar un total de 15.000 toneladas de metais ó ano, segundo informaron fontes da consellería.”…


…”A iniciativa, promovida pola dirección xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, permitirá dar unha saída ós moitos residuos metálicos que se producen en toda Galicia.
Os residuos que cheguen á instalación serán sometidos a un proceso para separar o aceiro do estaño.
Metalúrxia
Despois, o aceiro será enviado á factoría metalúrxica de Megasa, en Narón, que o utilizará como materia prima para o seu proceso de fabricación de mallas, alambrón e outras estructuras metálicas que se utilizan na construcción; en concreto, para crea-las estructuras dos novos edificios.
O estaño destinarase fundamentalmente á creación de vidrieiras.
O alcalde das Pontes, Víctor Guerreiro, informou, pola súa parte, que a nova planta xerará cinco empregos directos, ós que haberá que suma-los postos indirectos que se creen para transporta-los materiais ata a instalación e dende ésta ata os seus lugares de destino.
O rexidor amosouse satisfeito de que o municipio vaia a contar con esta nova instalación que, aínda que non creará un gran número de empregos, si prestará un gran servicio medioambiental. Fontes da Consellería tamén destacaron a importancia de que a planta permita dar saída ós moitos residuos metálicos que se xeran cada ano na nosa comunidade.
Este centro de reciclaxe de latas e outros tipos de chatarra ven a sumarse ás plantas situadas no cercano municipio das Somozas adicadas ó tratamento de residuos industriais tóxicos e perigosos (prívaselles da súa capacidade contaminante e posteriormente son enterrados nun depósito de seguridade), inertización de pilas e reciclaxe de aceites.”
Fonte: lavozdegalicia.es

También podría gustarte
Comentarios