Abertas as inscricións para a Campus Party 2004

Lendo wireless-station.com:
“O martes 3 de febreiro ás 12:00 horas abríanse as inscricións da party con máis participantes do mundo, falamos cómo non, da Campus Party. Este ano adiantaron as datas, concretamente celebrarase na Cidade das Artes e as Ciencias do 26 de xullo ó 1 de agosto.
Ó redor de 4.000 persoas e 1.244 Mbits de conexión a internet.”…


…”Como novidade podemos destacar que este ano é posible asistir sen catering, o que nos supón un aforro de 60 euros que invertiremos en bos xamóns e chorizos.
Tamén aumentará a presencia de Hispalinux e outras persoas relacionadas co software libre. Sumaranse algúns obradoiros novos, como o de astronomía, que o ano pasado fixo un inciso.
Os prezos:
– Sen catering: 80 euros.
– Con catering: 140 euros.
E como sucedeu o pasado ano, para a xente que pague con tarxetas do BBVA, un desconto do 20% que non está nada mal.
En fin, moita xente pensa que na campus só hai internet, pero esquecen que o mellor deste tipo de eventos, é o bo ambiente entre a xente, o ambientillo que se monta dentro e fora do recinto.”…
Fonte: wireless-station.com

También podría gustarte
Comentarios