ACTUACIÓN DAS CATEGORÍAS INFERIORES DO O ESTEO FS

Sete xogadores desputaron o Campionato Galego de Seleccións Comarcais e os equipos Benxamín e Alevín o Torneo Cidade de Lugo.

Sete xogadores desputaron o Campionato Galego de Seleccións Comarcais e os equipos Benxamín e Alevín o Torneo Cidade de Lugo.

Última semana do ano con moita actividade para as categorías inferiores do equipo pontés de fútbol sala do Esteo FS.

Sete futbolistas do clube participaron coa selección da Terra Chá na primeira fase do Campionato Galego Comarcal.

O conxunto chairego que mellor papel fixo foi o cadro benxamín, no que estaban Antonio Graña e Destaw Pellón, que empataron 3-3 con Santiago e 2-2 con Ourense.

O cadro alevín de Alex Montero, Sergio Cabarcos, Eloy Pita e Joan Manuel Guerreiro perdía 1-4 con Santiago e lograban a igualada 1-1 con Ourense.

Peor lle foi ó cadete de Xalo García, que caía con contundentes goleadas de 1-12 e 1-8 ante santiagueses e ourensáns. O cadro infantil, no que non había representación do Esteo, tamén perdía 1-4 e 1-2 respectivamente.

Pola súa banda o cadro Benxamín e Alevín do Esteo FS competían na primeira fase do prestixioso torneo Cidade de Lugo.

O conxunto benxamín perdía ante Concello de Guitiriz (2-3) e OS Meigallos (4-5), gañando ó Rábade (12-3).

A piques estivo de clasificarse o conxunto alevín. Na primeira Fase gañaban ó Concello de Guitiriz (5-0), Rábade (2-0), caendo con Carballiño (4-5), derrota a pesar da cal, clasificaban á seguinte rolda coma primeiros de grupo.

En semifinais vencían ó Casás (4-3), caendo na final por un axustado 1-2 ante o Curtis.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios