ACTUACIÓN DE ALEX CABARCOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB18

O xogador pontés Alex Cabarcos Souto xogou esta fin de semana coa selección galega sub18 na segunda fase do Campionato de España.
Actuou nos dous encontros no lateral esquerdo e a selección galega logrou unha victoria e un empate. No primeiro encontro o venres gañaron 1-0 á selección de Ceuta, tanto do xogador deportivista Álvaro Lemos no segundo tempo. No encontro de onte ante a selección da Rexión de Murcia empate a ceros, a pesar de gozar de boas ocasións e de fallar un penalti o propio Álvaro.


Como queira que a selección perdeu os seus dous partidos da primeira fase disputada en decembro en Aragón ante a selección anfitriona (3-1) e ante Andalucía (4-0) quedou eliminada do torneo.
Segundo os meus cálculos pasan as semifinais as dúas Castelas (A Mancha e León) con 12 puntos e Navarra e País Vasco (que remontou un 0-2 con Ceuta para acabar gañando 4-2 nos últimos 15 minutos) con 10 puntos.
Sensacionais noticias nos deixou a sub16 que venceu nos seus dous encontros, con moito apuro, 1-0 a Ceuta, gol do xogador do Celta Jordán Domínguez e 2-1 a Murcia, goles de Jordán e do deportivista Gabriel Senin, co que unido á victoria da primeira fase 3-2 ante Andalucía con hat trick do fillo de Milo Abelleira, Tomás, e o empate ante o anfitrión Aragón (1-1) fan que a selección irmandiña teña 10 puntos.
Tamén segundo os meus cálculos e á espera de confirmación oficial pasarían Galicia e Comunidade Valenciana con 10 puntos, Principado de Asturias remontando sumaría 9, e Baleares con 8 clasificaría en detrimento de Madrid que ten os mesmos puntos pero peor goal average os madrileños. Terceira semifinal consecutiva pra a sub16 galaica.
Nos próximos días falaremos con Alex, e tamén con Juan Prieto Criado, sobre as súas experiencias na selección galega.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios