COPA GALEGA FEMININA: CD AS PONTES 1 MILAGROSA 0

Victoria do CD As Pontes no seu debut na competición de Copa Galega por 1 gol a 0 ante a complicada Milagrosa, no partido xogado hoxe á mañá no Campo Anexo Jose. Si o pasado sábado non parou de chover en todo o encontro hoxe fixo un sol de xustiza.
Chegaban as lucenses despois de despedir a Liga cunha goleada (4-0) ó Silleda. Logo dun primeiro tempo de dominio alterno e sen moitas ocasións, no segundo período tivo unha boa a gran Carlota no 50´ pero foi Noelia no 57´ quen marcou tras un gran lanzamento de falta que se colou pola escadra. Sensacional a central de San Sadurniño, ex do Val, que hoxe xogaba o seu segundo partido co equipo azul. Lástima que non teña un “doble” que sexa dianteira nata.
aspontes-milagrosa_01.jpg


A raíz do gol as visitantes saíron a polo empate e Leti tivo que facer algunhas boas intervencións, a ocasión máis clara das lucenses foi un tiro de falta ó longueiro da súa número seis no minuto 65´. Pero moi ben a zaga local, nesta ocasión de cinco, Jani, Noelia e Yaiza no centro e Silvia e Mireia nos laterais co todo terreo Lara por diante.
Xa no desconto, á talentosa Alba quedou soa diante da gardamallas visitante pero esta sacou o balón co corpo.
Non houbo tempo pra máis e o As Pontes estreouse de inmellorable forma no torneo copeiro onde quedou encadrado nun grupo fortísimo coas lucenses, co Monte Forte e co Tordoia, e so pasan os dous primeiros clasificados. Tocará sufrir moito, pero os tres puntos de hoxe non llos quita ninguén, ollo, ante un equipo moito máis veterán.
Salido xogou con Leti, Yaiza, Mireia, Jani, Silvia, Lara (Lía 77´), Clara, Noelia, Carlota, Chipy (Candela 61´) e Carliña (Alba 61´).
O vindeiro partido será en Monforte ate o complicadísimo equipo local.
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
aspontes-milagrosa_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios