Amigus
As Pontes

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Malas noticias nos trae o segundo equipo pontés, pois gañaron os tres rivais de arriba e eles perderon co Canido 2-1 en Ferrol. Complícase a situación, o Galicia de Caranza e o Miño afianzanse con 56 e 52 puntos, e pola terceira plaza que da opción ó ascenso semella que van loitar As Pontes e Estrella de Narón con 48 e 46 puntos respectivamente. A semana que vén partido en casa contra o Cebarca, os tres puntos tornanse vitais a falta de catro xornadas.
 
Non lle foi moito mellor ó xuvenil B que onte perdeu na casa 1-2 contra o Cedeira. Javi foi o autor do gol pontés anotandolle ó seu ex equipo co que a tempada pasada meteu 62 goles no título ligueiro cadete. O Xuvenil B é quinto con 52 puntos, por arriba están Ánimas 63, Cedeira e Perlío 60, e Narón BP ten 57. A semana que vén visitan ó complicado Meirás.
xuvenil_001.jpg


xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
O equipo cadete sufriu unha severa derrota en Pontedeume ante a tradicional excelente canteira do Eume Deportivo, 4-0, e desta vez foi o Caranza o que colleitou dúas victorias, a súa ante o Aspirantes (0-4) e a derrota dos azuis, o que fai que os de Ferrol con 54 puntos dean un paso hacia o título e a casi garantir un ano máis a súa presencia na fase de ascenso. Pola complicada segunda plaza semella que loitarán As Pontes con 49, Eume 46, Ortigueira e Meirás 44, e O Val 43. Antoxansenos que van a ser seis xornadas definitivas apaixonantes. A semana que vén reciben precisamente ó Aspirantes.
 
Tamén perdeu o segundo equipo feminino en Ferrol ante o Aspirantes, 2-1. O feito de ter que alternar dous conxuntos imposibilita moitas veces poder dispoñer de xogadoras moi necesarias e as ferroláns con máis fondo de armario no banquiño e algo máis de veteranía acabaron levandose o gato a auga e impuxeronse por primeira vez nos cinco enfrontamentos oficiais nos que as azuis ganaran os catro anteriores. Patricia Rochela marcou o tanto visitante e as de Salido e Pita suman tres vitorias por outras tantas derrotas. A semana que vén pechan a primeira fase enfrontandose na casa ante o Narón. Xogaron Alba, Cris García, Janira, Cris Moirón, Patri Rochela, Sabela, Andrea Cabarcos, Uxía, Natalia, Eloise, Carmela e Laura.
 
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
Asimesmo tamén caeu derrotado o infantil no seu primeiro encontro da fase de ascenso ante un Narón que se atopa en estado de gracia (2-4). Iso si, os locais queixanse da actuación arbitral e das dúas expulsións de Ángel Prieto o porteiro e Ángel Caínzos o lateral dereito. Brais Blanco marcou os dous tantos pra os locais que a semana que vén xogarán contra O Val que intentará resarcirse do varapalo sofrido na primeira xornada ó caer onte 12-0 en Pontedeume. O Meirás demostrou que lle ten tomada a medida ó Racing de Ferrol e unha semana despois de gañarlles a Liga no último encontro en Valdoviño (2-1) onte volveron a vencer, desta vez 4-2.
O Alevín B pola súa banda gañou 3-2 ó EFR Ferrol E e xa alcanza os 36 puntos mantendose no séptimo posto. A semana que vén xogan contra o segundo Galicia de Caranza B en Ferrol. Marcaron polos locais Alberte, Alex F. e Sergio.
O Benxamín A gañou con moito sufrimento ó Eume B. Tivo moitas ocasións ó longo do partido pero foi Mateo no último minuto e de penalti o que deu os tres puntos ós azuis que siguen terceiros con 16 victorias e 48 puntos. O Val B, campión oficial da Liga (Felicidades) ten 57 puntos, EFR Ferrol B ten 51 e os azuis están a tres puntos. Precisamente ós ponteses reciben na última xornada ós ferroláns.
O Benxamín B pola súa banda perdeu 0-7 co Perlío e sigue na a oitava praza con 13 puntos. A semana que vén descansa e a súa clasificación final depende do que aconteza no partido entre Cedeira e EFR Ferrol. Pero os máis pequenos do Benxamín xa remataron a Liga agardando a Copa.
O Prebenxamín A gañou 0-5 en Barallobre con tres goles de Joan e un de Jandro e Javi. Son sextos con 35 puntos e a semana que vén recibirán ó segundo Ortigueira no remate da competición.
Peor lle foron as cousas ós máis pequechos do Prebenxamín B que onte prederon 0-18 co EFR Ferrol e rematan asi a súa participación na Liga pois a semana que vén descansan.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios