TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 VILALONGA FC 1. O CLUBE DESTITUE Ó ADESTRADOR

Derrota do As Pontes por 0-1 no encontro disputado hoxe á tarde ante o Vilalonga no Campo do Poboado.
En situación moi crítica queda o As Pontes tras perder novamente na casa, neste caso ante o cadro pontevedrés do Vilalonga. Sen moita claridade dominou máis o As Pontes nos primeiros minutos, pero nin Amado en dúas ocasións nin Jordi souberon concretar. Entremedias puido tamén adiantarse o Vilalonga por medio de Suso pero o seu remate desviouno Simón a córner (14´). O xarro de auga fría chegou no 27´ cando marca Ramón e outra vez hai que remar a contracorrente. Por si fora pouco, ó borde do descanso, nun inocente penalti os visitantes puideron conseguir a sentencia, pero Simón gáñalle a partida a Saúl e desvía a saque de esquina.
No segundo tempo sen as ideas moi claras o As Pontes buscou o gol, e tivo Iván González dúas pero non era o seu día, no 67´puido sentenciar Ramón pero o seu disparo dentro da área foi por alto. Como a can fraco todo son pulgas Carba tivo a súa, pero o balón foi ó poste (79´). No 84´ outra vez Ramón puido sentenciar pero salvou Javi López baixo paus. O último cartucho, un lanzamento de falta de Bossa no 90´pero Roberto despexou o balón.
Os azuis quedan en situación angustiosa, undécimos con 36 puntos, a 7 do descenso, con varios equipos galegos en Segunda B tambaleandose, pero, sobre todo, a falta de oito xornadas, os azuis descansan a semana que vén e dentro de dúas visitan a un Ourense que hoxe goleou ó líder Cerceda por 4-0.
Como nova de última hora, salientar que a directiva do club pontés tomou a decisión de cesar ó adestrador Alberto López, dados os malos resultados das últimas xornadas, un resultados negativos que o colocan nunha situación un tanto complicada para manter a categoría a falta de oito xornadas para o remate da liga. O presidente do As Pontes, Xaime Castro, manifestou que sentía moito tomar esta decisión, pero pensaba que era a mellor para o equipo a estas alturas da competición, ó mesmo tempo que quería deixar patente o labor e a contribución realizada por Alberto López ó longo destas dúas temporadas, como foi o ascenso do equipo a Terceira División e a súa boa predisposición co Club. Tamén manifestou que el, como presidente da entidade, era o primeiro responsable, pero que igualmente os xogadores tiñan a súa parte de culpa na mala traxectoria do equipo, porque eles son os que en definitiva gañan ou perden os partidos, e ós que pediu o seu máximo esforzo para que o equipo manteña a categoría e volva a ilusionar ós afeccionados ponteses, porque a dicir verdade a irregular campaña que está a realizar o equipo non motiva ós afeccionados e así moi poucos acoden cada domingo ó campo do Poboado, a pesar de estar na Terceira Divión. Oxalá que esta decisión sexa para ben de todos, pero sobre todo para ben do Club pontés.
aspontes_vilalonga_001.jpg


CD AS PONTES 0. Simón, Moncho, Javi, Chote, Juan (Rochela 22´), Schuster (Dani 65´), Carba, David Vidal (Iván González 45´), David Amado, Bossa, Jordi
VILALONGA 1. Roberto, Diego, Leo, Miguel Vázquez, Tachi, Jesu, Suso, Miguel Abal, Machu, Saúl, Ramón.
Goles: 0-1, Ramón, minuto 27.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Tarde soleada pero fría, 120 espectadores, preto de medio cento de seguidores do Vilalonga. Partido correspondente á 30ª xornada. Gardouse un minuto de silencio polas víctimas do tremor e tsunami de Xapón.
Árbitro: Daniel Arias Penas (Vigo). Auxiliado nas bandas por Soto Barilac e Rodríguez Pérez. Amonestou a Schuster, Moncho, Rochela e Bossa. Expulsou por dobre cartón ó visitante Miguel Vázquez no 90´.
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
aspontes_vilalonga_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios