Actuación do Coro de Mulleres Celeuma

Hoxe, as 20:00 horas no mercado Bello, actuará o Coro de Mulleres Celeuma. O concerto esta organizado pola asociación de Amas de Casa das Pontes. O coro de mulleres Celeuma, por iniciativa de Juan Brage, director do coro, xúntanse un grupo de mulleres coa intención de experimentar un xeito diferente de interpretar a música coral. Son de distintos lugares da nosa comarca, e cáseque todas elas forman parte doutras agrupacións mixtas. Por medio desta agrupación acadan unha nova experiencia musical e gozan da amizade e da verdadeira convivencia.
Dende o seu comenzo o coro de mulleres ten feito concertos na Coruña, Santiago, Cedeira, Marín, A Capela, Ferrol en Narón. Fora da nosa comunidade iniciou a súa andaina en Fabero-León.

También podría gustarte
Comentarios