Ada Fernández e Inés Domínguez 3ª no campionato galego de pista infantil de piragüismo
As padexeiras pontesas do Xuvenil-Matojoma reamtaron una expléndida
actuación o sábado 20 de xullo na pista de Verducido (Pontevedra)
subindo ao terceiro escalón do podium no k2 1000 m na categoría
Infantil-A.
Esto pola tarde, porque o mesmo sábado pola mañá xa se
meteran as dúas na final da súa categoría en k1 onde remataron 6ª (Ada)
e 9ª (Inés).
O domingo tocoulles o turno aos cadetes. Nesta categoría Celia Durán
meteuse na final A onde rematou 9ª en k1 500 m, Pablo Vispalia e Lucas
Valle foron 8º na final -B de k2 1000 m e Antón García quedou fora dos
postos de final pero cun meritorio 27º posto nas series contra o reloxo
de k1.
A vindeira fin de semana volverán á pista de Verducido, esta vez para
desputar o Campionato de España de Pista para Novas Promesas (Infantil e
Cadete).
E isto non foi todo na actividade do club, nunha fin de semana de
madrugóns pese ás festas, porque o equipo de Kayakpolo tamén se
desprazou a Verducido para o 3º Torneo da liga galega da modalidade,
onde remataron na 5ª posición.
Fotos: Federación Galega, Beatriz Rosales e Grupo Xuvenil