Adega convoca un concurso para denunciar as agresións aos ríos galegos

[Diario de Ferrol] Adega organiza un concurso fotográfico co obxectivo de concienciar á poboación sobre as agresións que sofren as augas continentais de Galicia. De feito, a temática das instantáneas presentadas a concurso deben versar sobre os desastres en ríos ou lagoas da nosa comunidade. As mesmas poden amosar os efectos que a man do home ten sobre estas augas.


No concurso poderán participar tanto fotógrafos profesionais como afeccionados. Cada participante poderá presentar un máximo de catro instantáneas (en branco e negro ou color e nun formato non inferior a 18×24). Polo reverso de cada fotografía débese identificar o autor (nome, apelidos, teléfono de contacto, así como a data e lugar na que foi tomada a imaxe).
O prazo para presentar as fotografías estará aberto ata o 12 de xaneiro de 2009. Estas deberán remitirse por correo á delegación de Adega-Lugo, sita en Ronda das Fontiñas, 180 entrechán B, 27.002 Lugo, dentro dun sobre pechado.
Entre todas as instantáneas recibidas o xurado seleccionará as cinco que mellor recollan o obxecto do certame. Os gañadores poderán elixir como premio entre un lote de artículos fotográficos, unha estancia de fin de semana para dúas persoas no balneario de Lugo, un lote de artículos deportivos, de produtos ecolóxicos ou de publicacións sobre medio ambiente.

También podría gustarte
Comentarios