Adxudican en 610.000 euros o novo acceso ós Airios

Lendo diariodeferrol.com:
“A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda adxudicou a construcción dun novo acceso ó polígono industrial Os Airios, que se localiza na vila das Pontes. A realización deste proxecto, que se planifica pola parte posterior da central térmica de ENDESA, implica un custe de 610.000 euros e supón a entrada en funcionamento dun novo vial que unirá a estrada Ferrol-Vilalba cunha das principais áreas industriais da comarca de Ferrol.”…


…”A obra, que terá unha lonxitude de 1,3 km, beneficiará especialmente ós conductores dos máis de 1.800 vehículos que se desprazan diariamente ó polígono, dos que 140 son tráfico pesado. A nova vía contará ademáis, en case todo o seu traxecto, cun carril para vehículos lentos.
A materialización deste proxecto se planifica e se leva a cabo en base ós contidos do Plan Miner. Ademáis desta intervención, no mesmo iba incluido o desdobramento do corredor e a ampliación e mellora do vial de Goente, estos dous últimos proxectos xa executados. A adxudicación aprobada onte pola Consellería de Política Territorial englóbase así mesmo nun paquete de proxectos cuantificados en 17 millóns de euros e que implica melloras viarias para 200.000 habitantes.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios