AGNIX supera as 250.000 visitas tralo seu 1º aniversario !

60

Noraboa AGNIX!
Lendo agnix.org:
“O dia 20 de xaneiro a páxina web de AGNIX cumpriu o seu primeiro ano de andaina. Hoxe, tralo primeiro aniversario, acabamos de supera-la cifra do cuarto de millón de visitas. Realmente temos que estar todos (visitantes, editores, colaboradores …) máis ca satisfeitos.”…


…”Nembargantes esta cifra ben podería ser maior porque o funcionamento do contador ten en conta só as visitas feitas dende ‘redes’. Por exemplo, se nun instituto varios alumnos visitan a páxina, tódalas súas visitas son computadas como unha só porque todos eles comunícanse con Internet por medio dunha única IP que é a que engrosa o número de visitas.
Sexa como fora, o número non é importante en si. Debemos estar ledos pola aceptación que unha páxina de contidos tan específicos coma AGNIX está tendo na rede. Por exemplo, hai visitas dende tódolos recunchos do mundo: Rumanía, Israel, Brasil, Australia … “…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios