Almacén de código aberto en Europa

Lendo agnix.org:
“A Comisión Europea creará un portal en Internet para órganos Europeos do sector público, para que poidan almacenar e compartir aplicacións de código aberto e intercambiar coñecementos. Con isto preténdese mellorar o rendemento de investimentos en tecnoloxías da información e facer que as súas aplicacións interactúen mellor entre si.
O Almacén e Observatorio de Código Aberto (OSOR, polas súas siglas en inglés) será desenvolvido e administrado a través dun consorcio dirixido por Unisys.”…


…”O OSOR tratará de motivar a administradores a desenvolver proxectos comúns e a usar software doutros.
Karel de Vriendt, xefe da Unidade de Servizos da Administración Electrónica Europea, di que o proxecto é achegar a desenvolver aplicacións personalizadas baseadas en software de código aberto, colaboración durante o desenvolvemento e usar licenzas de código aberto para compartir resultados. Continúa dicindo que: O novo OSOR debería de converterse na ferramenta de cooperación preferida para acelerar a unión de software entre Estados membros.
Espérase que o OSOR estea funcionando para finais de 2007. “…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios