Amigus
As Pontes

ALTO DE XESTOSO HONROU A SANTA MARÍA

A parroquia monferesa do Alto de Xestoso celebrou esta fin de semana as súas festas patronais na honra a Santa María, con misas, procesións, sesións vermú e verbenas. Os festexos iniciáronse o venres coa misa e procesión, sesión vermú coa orquestra Emperadores e á noite a verbena coa mesma orquestra e o grupo Alarma.
Ó día seguinte, sábado 11, un repique de bombas de palenque anunciaban o derradeiro día das festas, continuado coa misa, cantada pola Coral de Maiores de Xestoso e Momán, seguida da tradicional procesión de Santa María, a patroa da parroquia, e a música estivo a cargo das orquestras Madeira e Maracaibo.
alto_xestoso_2010_0001.jpg


A PARROQUIA DO ALTO XESTOSO
Santa María do Alto Xestoso, parroquia preto de As Pontes, pertence ó arciprestado de Xermade e diocese de Mondoñedo. Limita ó norte coas parroquias pontesas de Bermui e A Faeira, con San Pedro do Val de Xestoso e Labrada ó sur, Piñeiro, Momán e Labrada ó leste e San Fiz de Monfero e San Pedro do Val de Xestoso polo oeste.
Conta cun censo de 311 habitantes repartidos en 37 aldeas, sendo as máis habitadas A Espadana (24), Maceira (22), O Sixto (15), Barral do Alto (15), Martices (14) e O Ferro (13), onde se atopa a capela de San Cosme, na que se celebra unha importante romaría a finais de setembro.
O seu territorio é montañoso con alturas superiores ós 500 metros, destacando o Candieiro (706), o Serrón do Lobo (702), Pena Maior (681), Monte dos Penedos (628), Pena da Auga (600) e o Monte da Armada (586). Os ríos principais son o Eume, que serve de límite natural coas parroquias pontesas de Bermui e A Faeira, e o Frei Bermuz, ademais dos regos de Curros e Os Casás.
Ata finais do século XIX Santa María de Xestoso era unha única parroquia dividida en dous partidos (Alto Xestoso e Val de Xestoso) separados polo río Frei Bermuz. En 1843 contaba con 249 veciños e 1.229 habitantes distribuídos en 82 lugares, 42 no Alto e 40 no Val.
MONFERO EN SÍNTESE
O concello de Monfero está pouco poboado, apenas uns 13 habitantes por km2. En trinta anos (1960-1990) Monfero perdeu a metade da súa poboación, acadando o máximo en 1930 con 7.314 habitantes.
As sete parroquias suman en total 2.299 habitantes, sendo a máis poboada San Fiz de Monfero, con 829 habitantes, seguida de San Pedro do Val de Xestoso (445), Alto Xestoso (311), Queixeiro (304), Vilachá (241), Taboada (104) e Santa Xuliana de Monfero con tan só 65 habitantes.
As parroquias de Alto Xesto e Val de Xestoso pertencen ó arciprestado de Xermade e diocese de Mondoñedo e as cinco restantes forman parte do de Pruzos e diocese de Santiago. Pruzos comprende 44 parroquias dos concellos de Aranga, Betanzos, Irixoa, Miño, Monfero, Paderne, Pontedeume e Vilarmaior.
O seu territorio, de 173,28 km2, ten uns límites ben definidos, pois ó norte está o curso do río Eume, ó leste a Serra da Loba que o separa da provincia de Lugo, ó sur a cabeceira do río Lambre e ó oeste un resalte duns douscentos metros con respecto ós concellos de Pontedeume e Vilarmaior.
A maior parte do municipio está sobre os 400 metros, agás a parte oriental coa Serra da Loba destacando Candieiro (706 m) e o Serrón do Lobo (702), Pena Maior (681) e A Torre (680). Ó norte está a Serra do Queixeiro con cumes superiores ós seiscentos metros (Pena Cavada, 685 m).
Entre estas dúas serras discorre o río Frei Bermuz, que verte as súas augas no río Eume, límite natural cos concellos de As Pontes, A Capela e Cabanas. Tamén desemboca no Eume o San Bartolomeu. Na parte sur do concello está o río Lambre e o seu afluente o Lambruxo, que desemboca na ría de Betanzos.
DESCRICIÓN HISTÓRICA DE MONFERO
A historia de Monfero está moi relacionada co mosteiro de Santa María, cenobio cisterciense, cuxa fundación -durante o reinado de Alfonso VII- data do ano 1114, tendo o máximo esplendor ata o século XV, pero unha serie de acontecementos puxeron en perigo a propia existencia da comunidade relixiosa, recuperando o seu apoxeo en 1506 ó pasar o mosteiro á Congregación Cisterciense de Castela.
A vida monástica mantívose ata 1812 cando os monxes foron obrigados a abandonar o mosteiro. Houbo un intento de restauración en 1882 pero non tivo éxito, quedando no abandono este magnífico mosteiro, xoia do barroco galego.
A igrexa é o que mellor se conserva de todo o conxunto. Destaca a súa fachada barroca. A planta é de cruz latina, de estilo románico cunha gran cúpula no cruceiro. No seu interior están os sepulcros de Nuno Freire de Andrade, Fernán Pérez de Andrade e Diego de Andrade. Dende 1931 está considerado como Monumento Nacional.
A mediados do século XIX o concello de Monfero tiña 704 veciños e 3.348 habitantes. Había 700 casas, pero o concello non a tiña para as súas funcións administrativas, e unha escola temporal sen dotación económica á que ían trinta nenos e seis nenas. Eran electores 320 veciños (314 contribuíntes e 6 con capacidade) e podían ser elixidos 304. Para o goberno municipal había un alcalde, un síndico, un tenente, sete suplentes, oito rexedores e seis alcaldes pedáneos. A súa produción supoñía 10.661.411 reais, os impostos ascendían a 339.370 reais e a contribución a 36.401 reais.
No concello celébranse numerosas festas e romarías, salientando as romarías da Virxe da Cela, no propio mosteiro, a dos Remedios e da Ascensión, no Val de Xestoso, a de San Xiao e San Miguel, na capela de Lagares, e o San Cosme, en Alto de Xestoso.
Alto de Xestoso, 12 de setembro de 2010 (AF)
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Alto Xestoso 2010
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios