AMD lanza unha nova gama de procesadores

Lendo codigocero.com:
“AMD lanza unha nova gama de microprocesadores de baixo custo para facer fronte ós Celeron de Intel, dirixidos ó mercado de equipos de baixa gama.
Os AMD Sempron presentaranse en dúas versións: Socket A (dende o modelo 2200+ ata o 2800+) e 754 (o modelo 3100+). Incorporarán 128 Kb de caché de nivel 1 e 256 Kb de caché de segundo nivel.”…


…”Tamén haberá as versións correspondentes para portátiles, dirixíndose os modelos 2600+, 2800+ e 3000+ os equipos de grande tamaño e os 2600+ e 2800+ ós de tamaño reducido.
Agardan que durante o terceiro trimestre do ano xa estean no mercado a través de grandes marcas coma HP ou Acer, quedando a oferta de AMD en procesadores dividida nos Athlon 64 para a gama alta e os Sempron para a gama baixa e media.”
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios