Amigus
As Pontes

Aniversario da Casa do Mel de Goente

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[RTVi-As Pontes] A Casa do Mel de Goente vén de celebra-lo seu primeiro aniversario. O sábado á noite xuntáronse neste edificio-museo cincuenta socios e colaboradores da delegación do Eume da Asociación Galega de Apicultura para festexar este primeiro aniversario. Ás oito da tarde comezaban no exterior da Casa do mel os preparativos para a cea, cun menú a base de sardiñas con pan, churrasco, chourizos e tortilla. E na sobremesa non podía faltar o requeixo acompañado polo mel que se elabora en Goente. Os participantes na cea tamén
aproveitaron para visitar unha vez máis o interior da Casa do Mel onde está instalada unha completa exposición apícola.


A do sábado, foi sobre todo unha xornada de fraternidade na que socios e colaboradores lembraron especialmente o traballo desenvolvido durante o primeiro ano de vida da Casa do Mel de Goente. Neste período rexistrouse unha numerosa entrada, con visitas de asociacións de amas de casa, de escolares, de asociacións de veciños e de xubilados, e tamén de apicultores doutras comarcas. Escoitamos a Manuel Ferreira, presidente da Casa do Mel de Goente.
A oferta da Casa do Mel de Goente é do máis variada, desde unha sala de envasado do mel, pasando por obradorios de mel e cera, e ata charlas para os apicultores. E é que un dos principais obxectivos da Asociación Galega de Apicultura e tamén da Casa do Mel de Goente é formar ós seus asociados.
A intención da Casa do Mel de Goente é seguir traballando na mesma liña que este primeiro ano. Tentarase ademáis facer un colmenar a escasos metros da casa do mel, nuns terreos cedidos por Endesa. Deste xeito a delegación do Eume da Asociación Galega de Apicultura disporá dun lugar para realiza-las prácticas dos cursos, e tamén para poñer en práctica distintos experimentos para averiguar porqué lles están morrendo as abellas ós apicultores da comarca. relacionados coa morte das abellas.
Se está interesado en achegarse ata a Casa do Mel de Goente, saiba que estará aberta os sábados de catro a nove da noite, e que para visitas concertadas hai que chamar ó teléfono 661-003 616.
aspontes.org
prensa@aspontes.org
981 45 31 89
981 45 31 90 (fax)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios