ANTONIO POLO CAMPIÓN DE EUROPA DE VETERANOS EN PORTUGAL

O piragüista pontés logra o seu segundo ouro continental

O piragüista pontés de 41 anos Antonio Polo Campello gañou este pasado martes a medalla de ouro no Campionato de Europa de Maratón Master, na orla de idade de 40 a 44.

Os Campionatos Europeos de Maratón estanse a levar a cabo na fermosa cidade portuguesa de Ponte de Lima, a apenas 40 kilómetros de Tui. O martes e mércores foi a competición master, e de xoves a domingo serán as competicións junior, sub23 e absolutas de kaiak e canoa, tanto en masculino coma feminino.

Polo venceu na proba de K1, na que se impuxo no sprint, cun tempo de 1:45:02, a Pablo Muñiz (1:45:05) e ao luso Nuno Henriques (1:45:12), nunha proba na que participaron nove kaiakistas españaois, ademais de piragüistas locais, de Noruega, Irlanda, Italia, Rusia e Francia.
Tamén na compaña de Ernesto Gancedo, competiron no K2, no que foron sétimos, nunha proba gañada por Rui Romao e Joao Neves, sendo segundos Óscar Cueto e César González e terceiros Juan Pazos e David Portela.

Polo xa fora Campión de Europa de Veteranos (35-39) en 2013 no K2, xunto ao viveirense Alberto Pigueiras, tamén no país luso, na localidade de Villaverde. Dada a lonxanía non participou nos Europeos de Eslovaquia 2014 e Eslovenia 2015, tendo unha inoportuna lesión que lle privou de competir en Pontevedra 2016, pero puido resarcirse esta semana logrando o seu segundo ouro europeo.

Na súa dilatada traxectoria, Polo xa fora subcampión na Copa de Europa de Maratón, en 2006, tamén en Portugal, xunto a Dani Feijoo, e acadara un quinto posto na Copa do Mundo de Dinamarca 2009 xunto ao betanceiro Carlos Pedreira.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios