Anúnciase un microprocesador de fonte aberta

Lendo barrapunto.com:
“O pasado luns foi presentado no Freedom Technology Center, en California, o derradeiro desenvolvemento de OpenCores: un microprocesador SoC (system-on-chip) funcional, totalmente desenvolvido a partires de planos de fonte aberta. O micro que neste momento está sendo deseñado en base ó SoC de OpenCores só corre a 160 MHz e aínda non soporta operacións de coma flotante pero, segundo afirman os de OpenCores, é a primeira ocasión en que unha organización prescindiu da tecnoloxía patentada e fabricou un microprocesador completo. Bruce Perens estivo na presentación e apoiou calurosamente o proxecto.”…


…” ‘Nun senso’, dixo Perens, ‘isto representa o mesmo tipo de cambio que vimos en 1994 co software de fonte aberta. Ós desenvolvedores de pronto se lles deu a oportunidade de programar fora do seu traballo, no seu tempo libre, e miren as implicacións a longo prazo que isto tivo”…
Fonte: barrapunto.com

También podría gustarte
Comentarios