Aplicación para consultas de dentistas baixo software libre

Lendo mancomun.org:
“Dental-On-Line é unha compañía francesa que vende hardware e software para consultas de dentistas que ademais ofrece asistencia e unha serie de servizos asociados.
Para eles, a consulta do século XXI dos dentistas incorpora un ordenador cunha interface de pantalla táctil no que se pode visualizar as placas de raios X dos pacientes, fotografías, historiais médicos, plans de tratamento e outra información, todo o cal debe ser mantido de forma segura e persistente. “…


…”Para este fin, DOL implementou unha interface para KDE sobre Debian Linux, que xera automaticamente backups pola noite e permite asistencia remota para os seus clientes. Todos os datos están dispoñibles nunha ampla variedade de formatos por se o cliente decide prescindir dos servizos de DOL.
As adaptacións que fixeron para Debian e KDE, para usalos co hardware de pantalla táctil, foron devoltas á comunidade de acordo coa licenza GPL. Recentemente lanzaron un Web site detallando os parches que desenvolveron para tal fin. Alí aparece código para Kontact, Konqueror, KDM e Ghostscript.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios