Aprobación definitiva da ordenanza municipal de prevención do vandalismo

[Diario de Ferrol] O Boletín Oficial da Provincia publicou onte o anuncio da aprobación definitiva da ordenanza municipal sobre a prevención do vandalismo, a preservación dos bens e a conservación do contorno, aprobada inicialmente na sesión plenaria que se celebrou no Concello o pasado 5 de xuño e para a que non se presentou reclamación nin suxestión algunha.


A ordenanza sancionará no ámbito de competencias do Concello pontés e no termo municipal as actitudes vandálicas que derivan na ruptura ou deterioro dos bens mobles e inmobles, a realización de grafitos, pintadas, manchas, garabatos, escritos, inscricións ou grafismos con calquera materia, tal e como se especifica no BOP. As multas poden custar entre 750 euros -no caso de considerarse leves- e 3.000 -para as de carácter moi grave-.
A normativa pretende protexer o estado dos elementos de transporte -públicos ou privados-, as fachadas dos inmobles e estremeiros -tamén independentemente da súa titularidade-, os sinais de tráfico e elementos do mobiliario urbano.
Asimesmo, quedan prohibidas condutas vandálicas, agresivas ou neglixentes e os estragos de espazos públicos, segundo se recolle no BOP.
Os responsables das infraccións reguladas pola nova ordenanza poderán facer fronte ao pago da correspondente sanción económica ou substituíla por medidas correctoras, como asistencia a sesións formativas, traballos a prol da comunidade ou calquera outra actividade de carácter cívico. Os menores de 16 anos quedan excluídos da aplicación das mencionadas normas e as que alcancen ou superen esa idade pero non teñan máis de 18 precisarán autorización dos pais ou titores para realizar as correspondentes prestacións persoais.

También podría gustarte
Comentarios