Aprobada a nova Lei de Propiedade Intelectual

Lendo agnix.org:
“A reforma do texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, que extende o canon por copia privada aos soportes dixitais, vén de ser aprobada no Congreso.
O novo téxto que satisfai os desexos das entidades de xestión colectiva, como a SXA€, provocou gran descontento e o rexeitamento da Plataforma Todoscontraelcanon, industria, sindicatos e usuarios.”…


…”As principais novedades do proxecto de lei quedan asi:
* Copia privada: O proxecto aprobado aclara que a “copia privada” dunha obra debe ser realizada por unha persoa física para uso privado e a partir do orixinal
* Canon para soportes dixitais: Establécese un ‘canon’ como remuneración compensatoria pola copia en soportes dixitais, xa que “a copia privada propágase máis e ten máis impacto económico no contorno dixital que no analóxico”.
* Compensacións para os creadores: Segundo o dereito de posta a disposición interactiva, os creadores e productores terán tamén unha compensación directa pola posta a disposición das súas obras en Internet.
* Límites en bibliotecas: Ainda que finalmente non se limitará o número de copias para uso privado, o texto marca uns límites e excepcións á copia privada no marco das bibliotecas, museos o na ensinanza
Sen dúbida este recorte de liberdades supón barapau para aqueles que creian no acceso libre á cultura. Agora haberá que pasar por caixa! Que magoa!”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios