Amigus
As Pontes

As duas Galicias

Despois de ler este artigo na páxina de Mariano Gueiro, ocurríronseme moitas cousas que dicir e de qué opinar, así que volo deixo aquí para que o leades.
Gracias Mariano.
Facia tempo que non ia por alí.
O Grove, e latoja,-atoxa (normalmente utilizo o topónimo a toxa, pero e probable que estea nun erro: namáis chegar a esa illa ves “a toxa” en pequeno,coma querendo correxir erros).

duasgalicias.jpg


Fun cun par de amigos, Santi e Payute, que nunca estiveran ali, e coido que deixelles unha lembranza indelebel, do que alí viron durantes os primeiros minutos.
Coches, coches grandes e de cor gris ou azul.
Pero cousas diferentes, non se sabia o que.
Non eran as marcas de coches ‘de representación’ (din eles) ou de luxo (digo eu!).
Non eran os hoteis con mais estrelas que a via lactea que leva de camiño a compostela, ou era a latoja o millor.
O clú de golf.
E alucinante.
Santi puxo música de Chueca, que ademáis do nome dunha zona moi curriña de Madrid, e o nome dun compositor de zarzuela.
Non puido ser millor a elección da banda sonora.
Mentres o noso utilitario avanzaba lentamente, case mafiosamente sobre aquel cemento que facía de rua, meus compañeiros de viaxe miraban absortos polas ventás aquelas esceas de golf, case coma estampas vivas. Siluetas montadas en carriños de rodas pequeniñas, encerrados nunha alambrada, cuna eira de herba pequeniña, e xogando cun pao e unha pelota pequeniña.
Había cousas pequeniñas, e cousas grandes.
Os coches eran grandes, e as pelotas, pequeniñas.
Os valados eran grandes, e as costas, pequeniñas.
As eiras eran grandes, e os furados, pequeniños.
Preferín non dicirlles nada os meus amigos, porque gústame que cadaquén se forme cadanséu criterio.
E inda non me comentaron moito, pero farano.
Eu admito que inda non teño moitos comentarios que facer.
So que vin que a gracia do xogo e xogar co concepto da iconoloxía do grande e do pequeniño, algo que deixarei para outro artigo.
Algún chámalle golf, pero eu coido que faino irónicamente.
Coido que ese xogo e unha bomba semiótica.
(oh, Mariano dixo que o golf e unha bomba semiótica!, dirá alguén preocupado)
Despois , seguimos avanzando, ata chegar a zona dun embarcadoiro, onde fixen en decembro de 1998 unha das fotos do meu proxecto fin de carreira, adicado a costa da Galiza
A foto titulábase “as duas Galicias”.
Nela, a unha beira, aparecía un embarcadoiro deportivo, pechado, cun sinal de “prohibido el paso”. Na outra, podemos ver unha rampa, utilizado polos pescadores.
Nela hay nasas (aparellos de pesca).
A mar anda brava, lembro que de tanto vento que facía, tivera que termar do trípode, e pensei que os que estiveran pescando, de seguro que terían que facer uso da rampa.
Pola contra, o embarcadoiro deportivo, estaba valeiro.
Máis, paradóxicamente, mantiña unha cadea, e un sinal prohibindo o paso.
Ou seña, que daba igual que te gañaras a vida pescando, non podias utilizalo, inda tendo temporal.
O fondo o Gran Hotel da Toxa, varias estrelas.
E o ceo, amenazador.
Sobre quen , preguntábame.
Cando un par de semanas depois, revelara o negativo, dérame problemas de densidade, pero solucioneino na copia final -despois de esforzos-.
Abril de 2004, máis de cinco anos, coma pasa o tempo!, despois desa foto.
Cinco anos despois voltei por alí, coa excusa de coñecer a pepi-luci-bom (omito nomes reais, pois elas saen con estes a rede), e vexo unha oportunidade de voltar o mesmo sitio.
Cinco anos despois, inda non atopei xeito de publicar o proxecto. O millor non ten suficiente calidade, o millor non ten saida comercial. O soporte final non deixa de ser un libro, con todo o que iso conleva
Cando pasou o ecocidio do Prestige, lembréime do proxecto: de súpeto, moitas persoas, ou máis ben entidades, preocupadas da costa galega.
Vaia, tres anos despois do proxecto,de súpeto, interese.
Máis foi temporal.
Eu sempre me interesei e inda o fago, pola costa galega, motivo peremne de inspiración para moitas e moitos.
Lembro que me deu problemas a hora de escoller como temática, a costa galega, porque tiñase coma moi vista, dicianme.
Máis a visión de cada unha e subxetiva, persoal, e de ahí ven a orixinalidade e iso era outra directriz que abranguída no proxecto.
Voltei onde fixera aquela foto, e que me atopo.
Alquitrán.
Alquitran,posto que ampliaran a zona de chegada, botándolle alquitrán.
Iso e o que eu chamo atopa-las cousas con sorna.
Vin que as cousas non mudaran moito.
Non vin nasas.
Asi que despois fomos a sentarnos a agardar, a agardar, a agardar, ata que o final atopámonos todas e todos, e botamos a tarde xuntos, falando.
Falando de proxectos, de realidades, e falando de coña, e ata non falando.
Que bo cando ves a alguen en persoa despois de coñecer a esa persoa na rede. E un luxo. Quedas con ganas de falar, pero falar en persoa directamente ten esas limitacións.
O Grove ten un aquel que Ribadeo, so que máis, se ben e certo que Ribadeo ten certas esencias en cantidades moi concentrades, motivo polo cal iguálanse (comezo a pensar se os vasos comunicantes entre Ribadeo-O’Grove non seran estas seis persoas facendo un fluxo de datos)
O camareiro da pizzeria era de Uruguay.
Uns rapaces de Marrocos vendían cámaras a outros rapaces de Salamanca.
O Grove como paradigma da rede.
A cafetería tiña batidos e chocolate, e unha estanteria con varios libros.
E servicios con espellos públicos, nos cales podías ver cine (se o levabas ti, e en tal caso, as mulleres que saian do baño, non lavaban as maos. O cal farianos pensar no motivo instrascendente de porque din iso dos homes, e que tera que ver todo isto co cine)
E no cine hay intermedios, pero inda non descubrín porqué.
E en pasados paralelos atopaste a ti mesmo. Vaia, coma o teatro. A ver se un dia destos puidera. Pero todo compénsase con outras cousas. Máis e fermoso ver a máis persoas con ilusión.
En futuros hipotéticos veste a ti.
Que tarde, precisa un de cousas asi.
E o solpor sobre esa praia.
E cunchas na area.
E chapapote nos pes, xa tempo despois de que dixeran que todo rematou. Non existe.
Friaxe nos pes da auga salgada.
Pero iso so che da mais ganas de sair adiante.
Ollos.
Beizos.
Bicos.
E noite.
Fonte: grueiro.com

También podría gustarte
Comentarios