Molesta máis o móbil que unha conversación en voz alta
Lendo barrapunto.com:
“Jakob Nielsen comenta un estudio de Andrew Monk sobre o molesto que é oír a alguén falando por teléfono. Puxeron actores en trenes ou autobuses falando cara a cara ou polo móbil e logo enquisaron ós ‘espectadores’. A conclusión é que fastidia máis unha persoa falando en ton normal que dúas en voz alta. Nielsen pregúntase qué poden face-los fabricantes para que os teléfonos móbiles estorben menos.”
Tedes aquí o comentario de Jakob Nielsen ó estudio de Andrew Monk
Fonte: barrapunto.com