As empresas informáticas estudian cobrar polo correo electrónico para frea-lo ‘spam’

Lendo libertaddigital.com:
“Os internautas poderán ter que pagar por cada correo electrónico que envíen se prosperan as iniciativas de Microsoft e outras compañías que propoñen ‘selos’ informáticos para frea-la plaga do correo basura ou ‘spam’. Os custes derivados do envío de millóns de correos electrónicos con publicidade son ridiculamente baixos.”…

spam.jpg


…”Este é o motivo, alegan Microsoft e outras empresas, de que os nosos buzóns estean abarrotados con publicidade non desexada e, na maior parte dos casos, inservible.
O ‘selo’ informático, que poría un prezo a cada mensaxe electrónico que se envíe, ó igual que ocurre coas cartas de correo tradicional é, en opinión de Bill Gates, fundador de Microsoft, a solución contra esta plaga, que xa supón a metade ou as tres cuartas partes de todo o correo electrónico. Microsoft deu recentemente máis detalles sobre o seu proxecto, chamado ‘Penny Black’, en referencia ó selo que se introduxo en Gran Bretaña no século XIX, o primeiro método que obrigaba a pagar ó remitente en lugar de ó destinatario.
En lugar de pagar con cartos, o proxecto suxire que o remitente pague o franqueo cos segundos que empregaría en resolver unha sinxela ecuación matemática. Aínda que as molestias para os internautas serían mínimas, alegan os investigadores de Microsoft, a fórmula causaría un gran trastorno ós propagadores de correo basura ou ‘spammers’, que terían que utilizar equipos informáticos adicionais para resolve-las ecuacións.
Moitos interrogantes
Pola súa parte, Goodmail Systems tamén plantexou a Yahoo e outros proveedores de correo electrónico un método para frea-lo ‘spam’ que consistiría en obrigar ós ‘spammers’ a pagar un prezo por cada correo electrónico. Neste caso, indica Goodmail Systems, os internautas individuais e as compañías sen ánimo de lucro disporían dun número de correos que poderían enviar gratis. Sen embargo, os interrogantes amontónanse: non está claro onde iría a parar este diñeiro, quén levaría as contas ou cómo se obrigaría ás empresas a abonar estos pagos.
Por non falar dos problemas de censura, de conversión de moeda ou os derivados de que algunha gran compañía decida que merece a pena gastarse 1.000 dólares (é un dicir) por enviar millóns de ‘correos basura’. Gates, pola súa parte, insiste na viavilidade da proposta, e recentemente sinalou que nun par de anos o problema do ‘spam’ estará resolto gracias a métodos que faran pagar ós ‘spammers’.”
Fonte: libertaddigital.com

También podría gustarte
Comentarios