As empresas tecnolóxicas pásanse ao software libre na recesión económica

Lendo mancomun.org:
“Un recente estudo de mercado revela un aumento na adquisición de Linux impulsado pola recesión económica mundial. Segundo este informe, realizado por IDC e patrocinado pola compañía Novell, unha das medidas máis analizadas para reducir custos e engadir valor na empresa é a da adopción de Linux, pola que se decantan máis da metade de executivos de tecnoloxías da información.”…


…”Ademais, máis do 72 por cento dos enquisados din que están a avaliar activamente ou xa decidiron aumentar a adopción de Linux no servidor no ano 2009, con máis de 68 por cento tendo a mesma intención para o escritorio. O estudo enquisou a máis de 300 altos executivos de tecnoloxías da información nas que se inclúe a industria de manufactura, servizos financeiros, e vendas polo miúdo de todo o mundo, así como os organismos gobernamentais.
A enquisa pon de manifesto as principais motivacións do crecente interese en Linux. O feito máis substancial que os executivos deron para a migración a Linux céntrase en termos económicos e está relacionado coa redución dos gastos fixos de asistencia técnica. Como consecuencia, máis do 40 por cento dos participantes na enquisa dixeron que planean despregar máis fluxos de traballo en Linux nos próximos 12-24 meses e o 49 por cento indicou que Linux será a súa principal plataforma de servidor dentro de cinco anos. En particular, con todo, aqueles que aínda dubidan sobre se adoptar Linux ou non, citaron como as súas principais preocupacións a falta de asistencia nos aplicativos e a pobre interoperabilidade dos sistemas Windows con outros contornos.
“A información obtida deste estudo de mercado confirma a nosa convicción de que, a medida que as organizacións loitan para reducir custos e atopar valor neste duro clima económico, acelérarase a adopción de Linux”, afirma Markus Rex, director xeral e vicepresidente de Open Platform Solutins en Novell. “As empresas tamén comentaron que o fortalecemento do asistencia nos aplicativos de Linux, a interoperabilidade, as capacidades de virtualización e o apoio técnico contribuirán aínda máis á adopción”.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios