AS ‘LENDAS’ QUE NOS CONTOU DON ENRIQUE

O pasado Venres, remataban as terceiras xornadas de Estudios Históricos de As Pontes coa conferencia de Luis Gómez Souto acerca dos relatos da tradición oral que xurdiron no entorno dos xacementos arqueolóxicos.
Contamos presentarvos esta semana en AMIGUS un resumen, que está en preparación, do que foi esa conferencia. Mentres, e en relación co tema, pareceume interesante poñer ante vós varias das lendas que nos deixou recollidas e narradas don Enrique Rivera Rouco.


As primeriras foron contadas por don Enrique Rivera Rouco na Radio Local de As Pontes (Espacio “Entre nós”) en Nadal do 94 e no ano 95, respectivamente. Fálannos dos restos megalíticos de Ribadeume e tamén sobre a Cruz das Cabezas:
RESTOS MEGALÍTICOS – RIBADEUME
“Na parroquia de Ribadeume que está a cinco quilómetros de As Pontes seguindo a carretera que vai por A Faeira hacia a presa do Eume e a Goente. Esta parroquia conserva restos protohistóricos e históricos de importancia. Da era protohistórica queda un castro no barrio do mismo nome que está antes de cegar a Igrexa indo das Pontes e a orilla da carretera general, trátase dunha fortificación celta que leva este nombre e que data dunhes seiscentos anos antes de Cristo. A obra está mal conservada debido a que os paisanos realizaron ó largo dos séculos moitos traballos agrícolas sobre a misma, pode no obstante apreciarse os perfiles externos do muro que circundaba este refuxio, principalmente na súa parte norte en que se conserva a altura primitiva. Tamén para facer un chalet amputaron un trozo de este círculo. O recinto comprende unhas vintedúas áreas circunscrito por un espeso muro de mampostería dunhes “dez metros de altura” e con vestixios dunhes ventanales tipo garita para os vixilantes da instalación. Eran, en efecto, estas obras, fuertes de defensa, donde se agrupaban os celtas, antepasados nosos en tempo de guerra. O recinto é elíptico e no seu interior hai tamén vestixios de fosas, parapetos e pequenas vivendas, todo elo cuberto de estratos de terra. Mesmo así pola parte noroeste ingresaban camiños, chamados congostras, estreitos e profundos que daban acceso ó fuerte. Os vecinos ó practica-las labores agrícolas encontraron fragmentos e cerámica, que desgraciadamente non se conservaron.
En canto ós restos históricos merecen especial mención o cementerio paleocristiano que foi descuberto ó construir unha pista de acceso á actual iglesia parroquial e ó explanar o sitio onde se fai a festa diante da Igrexa. Nesas obras feitas hai uns cuantos anos apareceron varias urnas de tipo “cista” de pequenas dimensión e construidas con pezas de pizarra. Algunhas destruíronse e outras quedaron ó descuberto baixo os estratos de terra a uns dous metros de profundidade do nivel que tiña antes a finca. Tamén apareceu un sarcófago, que hoxe se conserva xunto ó templo parroquial, dunha soa peza de granito ca configuración do corpo humán perfectamente lograda. No seu interior cabe unha persoa de 1,70 cms de altura, non ten relieves nin inscripcións polo que pode ser ben celta, ou segundo a opinión de varios investigadores pode proceder da época das persecucións do século I ó IV, cando os cristiáns omitían toda inscripción que os pudiera descobrir, a tapa non se conserva. O hallazgo de algunos máis na mesma zona e sempre ó lado dos santuarios e iglesias delata a existencia de comunidades primitivas de cristiáns de orixen remoto e que serían sin duda as células cristiáns que deron lugar ás parroquias…”
A CRUZ DAS CABEZAS (Lugar da Cruz Vermella)
O nome procede do tempo da guerra carlista, na década de 1830-1840 en que dous bandoleiros carlistas foron decapitados en devandito lugar, xunto ó camiño de Rábade a Ferrol, e colgáronlles as cabezas nos brazos dunha cruz alí improvisada, para escarmento dos que formaban estas bandas a fin de que non entraran na vila de As Pontes.
Ó morrer o rei absolutista Fernando VII en 1833, disputaron a sucesión Carlos V de Portugal, irmán do rei, e Isabel, filla do rei defunto, que pasaría a ser a raiña Isabel II, que reinou de 1843 a 1868. Os seguidores de Carlos eran de liña absolutista, conservadora. Os seguidores de Isabel eran liberales. O humilde pobo galego, en xeral, era indiferente, máis ben se inclinaba polo movemento político de Isabel. A Carlos prefiríano os nobles, os fidalgos, a xente de carreira e os comerciantes. Os carlistas terminaron acorralados polas tropas do Xeneral Espartero, a pesares da forte resistencia que fixeron capitaneados polo xeneral Miguel Gómez, que acabou fuxindo a León. Entonces quedaron guerrilleiros e bandas paralelas que baixo a apariencia carlistas eran gavillas de ladróns, ós que denominaban “latrofaciosos”. En As Pontes eran coñecidos polos “fouciosos”, segundo a traducción popular que recordan os maiores. O noso pobo foi liberal co influxo das propagandas da tertulia de Juana de Vega, da Coruña, e do Capitán de Ferrol Enrique de Borbón, parente e pretendente de Isabel II, aparte do mal recordo que tiñan do absolutismo e das tropelías carlistas.
Conta a tradición de As Pontes que esos bandoleiros con disfraz de carlistas acechaban o noso pobo entrando polo Paraño e pola Mourela. Na vila e en aldeas circundantes organizáronse piquetes de defensa pa facelos fuxir. Cansos de estas loitas, co fin de asustalos dunha vez, decapitaron dous e colgáranlles as cabezas nunha cruz cun letreiro que ponía carlistas. Parece ser que fora medida eficaz para que non volveran. Desde entón ese monte denominouse sempre monte da “cruz das cabezas”.
(As seguintes lendas foron narradas por don Enrique Rivera Rouco, e recollidas polo diario “A nova Unión” na páxina 16 do seu número 12, en Agosto de 1995).
LENDA DOS CASTROS DE BERMUI
Segundo esta lenda, os Castros serviron de parapeto ó rei Bermudo. A historia conta que “o gran Rei de Galicia, Bermudo, elexido polos nobles Galegos fai uns dez séculos, veuse acurrado cas embestidas dos moros. Tiña a súa sede en Compostela, e ante a proximidade do enemigo, escapou para Betanzos. Os moros, capitaneados polo xeneral Almanzor, viñan como un furacán, destruíndo canto atopaban. Desfixeron por completo a cidade de Compostela e seguidamente atacaron A Coruña. Entonces o noso Bermudo saeu de Betanzos cara ó norte e refuxiouse nos Castros da montaña de poñente de As Pontes (a uns seis kilómetros). Aquela terra dos Castros recibeu ata nós, o nome de Bermui, nome do ilustre fuxitivo.
Dende alí mandou guerrilleiros contra o enemigo, pero non tiñan potencia para detelo. Ó pouco tempo tomou Betanzos, entón o Rei, vendo xogado o seu pelexo, marchou para Oviedo (para a casa do seu pai), pasando polo val de As Pontes nesa retirada.
LENDA DOS “ENCANTOS” (PERSOAS ENCANTADAS) NAS MEDOÑAS
Houbo nesta Comarca moitos “encantados” nas fosas do río Eume, nas pena e nas medoñas, eran persoas que sacian como consecuencia dalgún melficio, o que os vellos chamaban “estar encantadas”. Falaban desde a súa prisión e podían ser desencantadas cumpríndolles algún requisito que pedían.
Cóntase dun que moraba nas medoñas de Marraxón, que lle encomendou a un paisano de alí o xeito de desencantalo. Asomoulle por un burato da medoña, doce bolos de pan, que lle debía devolver intactos ó outro día, e advertiulle que tivera coidado coa súa muller porque, levada pola curiosidade, podía encetar un e nese caso, perpetuaríase o seu encantamento.
Así sucedeu, anque lle advirteu moi seriamente que non lles tocara. Cando llos devolveu, foinos botando polo burato deixando para o último o encetado. Cando este rodou ó cubil retemblou a medoña e o encanto mandou uns alaridos de desesperación pola desventura que lle viñera enriba.
Nas medoñas da fonte mineral de As Boliqueiras aínda quedaba un encanto: ademais de morar nelas, vagaba polas carballeiras que hai debaixo da fonte. Sin ver mover ningunha pola oiase un repetido ruido como si as estiveran rompendo. Este ruido facía estrañar a cantos iban alí beber das augas minerais. De feito, o fenómeno debíase a movementos da brisa entre as vellas polas dos carballos, un tempo despois desapareceu, ó ser talados por Endesa.
LENDA DO XABARÍN MEGALÍTICO DA “TOCA”
FOTOS DO XABARÍN MEGALÍTICO, RECENTEMENTE TRASLADADO POLAS OBRAS DA AUTOVÍA, CON ALGÚN QUE OUTRO DANO QUE RECIBÍU A PEZA, COMA SE PODE APRECIAR, DURANTE O SEU TRASLADO

IMAG0001.jpg
IMAG0004.jpg
IMAG0006.jpg
IMAG0007.jpg
IMAG0008.jpg

No monte da Casilla da Toca poden ver cantos pasen pola estrada para Ferrol, un cocho bravo de pedra, subido enriba doutra pedra máis grande e mirando hacia o raiante. Fixérono os nosos antepasados, do tempo inmemorial, e dotárono dun poder divino que supera o poder das meigas e dos espíritos malos. Esta figura protexía ós moradores da Veiga de Narahío e demais arredores, pois, coa súa presencia poderosa, detiña a cantos poderes enemigos viñeran ó seu frente, quedando así a salvo os que residían pola súa espalda.
LENDA DA CIDADE DE VALVERDE, AFUNDIDA NO VAL DE AS PONTES
Contaban os antepasados das nosas aldeas, e tamén o falaban noutros pobos de Galicia que en tempos moi antigos houbo no val de As Pontes unha cidade que lle chamaban Ciudad de Villaverde (outros dín Valverde). Asentada na beira do lago de Carracedo, que collía a mayor parte desta veiga. Parece ser que aqueles “villegos”, se tiraron ó vicio e á perversión, e Deus castigounos afundindo de golpe toda a cidade, que se esfondou no limo do lago, e alí se afogaron todos os seus habitantes, menos unha rapaza, que saeu a nado berrando por Santa Eulalia e pedíndolle que a salvara. Era a única persoa honrada, que non se dera ó vicio, e efectivamente a santa oeu os seus clamores e salvouna.
Aquela doncela, santa e agradecida, levantou unha ermita onde as xeneracións adoraron á milagrosa santa. Tamén se atoparon nas excavacións da mina a cimentación da cidade e hai a aldea de Carracedo, que leva o nome do lago.
De feito, nas excavacións de carbón apareceron restos dun poboado celta, e en torno ás ruinas da Ermita de Santa Eulalia (alí situadas) aparecen tumbas paleocristianas, e tamén unha ara romana.
LENDA DO RÍO EUME
Contaron desde sempre os vellos que cando Deus fixo os ríos, mandou nacer tres xuntos na Serra do Xistral. Aínda que naceron no mesmo sitio avocounos para distintas ladeiras e prometeulles que lle regalaría cada ano un home ó primeiro que chegara ó mar. Deulles categorías divinas e chamoulles: Eume, ó da ladeira de poñente que debía de fertilizar as terras de As Pontes; Landro ó da ladeira do norte que debía de fertilizar as carballeiras e facerlles dar landras; E Masma ó da ladeira do raiante, que debía fertilizar na súa cegada ó mar as mesmas marismas.
Recén nados acordaron descansar un pouco no camiño, condición que somentes cumpríu o Eume. Ó enterarse da traición dos compañeiros, envalou furioso a súa marcha pola Capela e Caaveiro e logrou cegar de primeiro. Por iso todos os anos se afoga unha persoa nel.

También podría gustarte
Comentarios