AS NEVES DE ORTIGUEIRA CELEBROU AS SÚAS FESTAS PATRONAIS

A parroquia ortigueiresa das Neves celebrou esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Virxe das Neves. Durante tres días os lugareños e visitantes gozaron dunhas festas que comezaron o venres cunha churrascada e unha verbena a cargo do Trío Lembranza. Na xornada do sábado, nun día máis ben de outono con orballo, houbo misa, procesión e sesión vermú con American Top, que tamén amenizou a verbena xunto ó Dúo Aplauso.
O domingo, no que por fin luciu o sol, comezaba con bombas de palenque anunciando os festexos. Arredor da unha do mediodía ían chegando os romeiros para asistir á misa, que foi seguida dunha concorrida procesión coa imaxe da Virxe das Neves e acompañada pola Banda de Gaitas de Ladrido. Despois realizouse unha poxa de rifas para o sorteo dun cabrito. O Trío Boreal amenizou as pezas da misa e a derradeira verbena.
as-neves_ortigueira_001.jpg


A PARROQUIA DE SANTA MARÍA DAS NEVES (Ortigueira)
Está situada ó sur do concello de Ortigueira. Está delimitada pola de Devesos ó norte, a do Freixo (As Pontes) ó sur, As Grañas do Sor (Mañón) ó leste e ó oeste polas de Ínsua e O Ermo. É unha das máis extensas do concello e actualmente está escasamente poboada, tan só viven nela 90 habitantes cando nos anos setenta do pasado século contaba con 467, repartidos e 21 lugares e aldeas, sendo os máis poboados os da Ermida, con 23 veciños, o Rego dos Sapos, con10, e San Pedro Grande, con 8 habitantes.
Cando se crearon os primeiros concellos en 1836 a parroquia das Neves pertencía ó concello dos Freires, o cal en 1849 fusionouse cos de Ortigueira, Veiga e Couzadoiro para formar o actual de Ortigueira, do que se separou en 1988 Cariño para formar un concello propio.
A Serra da Faladoira separa esta parroquia do concello de Mañón con alturas superiores ós 500 metros, como o Monte da Boutareira (562 m.) e o Cristo da Faladoira (589 m.). As augas principais son as dos regos dos Caroceiros e dos Sapos. A súa igrexa parroquial foi construída en 1931 e conta cunha espadana de dous arcos.
A NOSA SEÑORA DAS NEVES
É unha das advocacións marianas máis antigas. Data do século IV e está moi estendida en España, Italia, Portugal e Latinoamérica.
A orixe está atribuída á época do papa Liberio. O relato di que un vello e rico matrimonio da nobreza de Roma, que non tiveran fillos e eran moi caritativos cos demais, solicitaron da Virxe para que os seus bens tiveran un mellor uso cristiá. A Virxe díxolles que onde sinalara ela debían construír un templo, e así na mañá do 5 de agosto o monte Esquilino de Roma apareceu nevado, polo que se interpretou que era o desexo da Virxe, polo que alí edificaron unha capela. Outras versións din que a Virxe se lle apareceu en soños ó matrimonio e ó papa anunciándolles a neve de agosto. Posteriormente a capela desapareceu e no 434 reconstruíse unha nova, sendo a actual basílica de Santa María a Maior.
A partir do ano mil comezou a espallarse a devoción a outros lugares. A lenda española relata a historia dun cura e un camiñante que estando, cada un pola súa conta, por Sierra Nevada no medio dunha forte nevarada perdéronse. Ós dous aparecéuselles a Virxe e indicoulles o camiño a seguir e salvounos dunha morte segura. No lugar levantouse unha ermida (a actual Vieja de Dílar), e dende aquela a Virxe das Neves é a patroa de Sierra Nevada.
Esta devoción mariana é venerada en varias localidades galegas, como no concello das Neves (Pontevedra), que tomou o seu nome pola aparición de abundante neve un 5 de agosto. Tamén se celebra no lugar de Cervicol, no concello de As Pontes, e nas Neves da Capela.
En diversas localidades españolas celébrase esta festividade o 5 de agosto, como en Sallent de Gállego (Huesca), illa de La Palma, da que é patroa, así como da súa capital Santa Cruz; Taganana (Tenerife), Agaete (Gran Canaria), Chinchilla de Montearagón (Albacete), Benacazón (Sevilla), da que é patroa e Alcaldesa Perpetua da localidade; Rubi de Bracamonte (Valladolid) e Olmeda del Rey (Cuenca).
As Pontes, 8 de agosto de 2011 (AF)
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
as-neves_ortigueira_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios