Amigus
As Pontes

As obras da Autovía 64 entre Ferrol e Vilalba rematan cos restos do círculo lítico de A Mourela, nas Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[CulturaGalega.org] Era un dos poucos círculos líticos do megalitismo documentados no país. O erudito local Federico Maciñeira localizouno a finais do século XIX, pero as súas pedras foron empregadas na construción dunha estrada. Só despois de ser aprobado o trazado da autovía AG64 entre Ferrol e Vilalba, que atravesaba polo medio do xacemento, se puideron comezar as excavacións na zona, que demostraron a existencia do círculo lítico e unha posterior edificación medieval. Onte a Consellaría de Cultura levantou a zona de cautela sobre o xacemento, tras recibir un informe da Consellaría de Obras Públicas desestimando un cambio no trazado da autoestrada. As escavadoras xa comezaron a levantar a terra. Un activo movemento local e veciñal defendeu durante estes anos a escavación, a preservación dos restos e o desvío do trazado da autoestrada.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios