As Pontes acollerá unha xornada sobre cooperativas de economía social

Lendo diariodeferrol.com:
“O Concello das Pontes organiza unha xornada de difusión da economía social, dentro da serie de actividades que promove para apoia-la creación de emprego dentro desta modalidade, e que xa deu como resultado a posta en marcha do grupo sobre dita materia no municipio. Esta xornada contará coa participación de especialistas neste campo de empresas como Sinerxia, Ihardum Multimedia, LKS e tamén de sociedades creadas na vila en modo cooperativo.”…


…”As poñencias e coloquios terán lugar na Casa Dopeso o vindeiro xoves, día 13. Comezarán ás dez da mañá. O primeiro encontro divulgativo tratará sobre a constitución dunha cooperativa, na que os técnicos de Sinerxia tratarán de explica-los pasos para iniciar este tipo de entidades e tamén as medidas de apoio que actualmente existen. Na segunda parte da xornada, outro especialista, neste caso da sociedade Ihardun, exporá a parte práctica do programa. Pola tarde retómanse as poñencias, e os técnicos de LKS explicarán cómo se crean os grupos cooperativos ou de economía social, e tamén como se artellan as relacións entre os diferentes colectivos e os órganos e servicios que se enmarcan dentro deste sistema. Por último, haberá participación dunha das iniciativas locais, a cooperativa Lar, que se adica ó coidado a domicilio de maiores na zona rural das Pontes.”
Fonte: diariodeferrol.com
Na clausura do programa intervirá un responsables da Xunta.

También podría gustarte
Comentarios