Amigus
As Pontes

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ NO CATASTRO DA ENSENADA E EN INTERNET

Non tódolos investigadores acuden ás fontes arquivísticas para realizar as súas obras (esforzo de rato de investigación), e certamente, as sas de investigación dos arquivos –seino por experiencia- atópanse bastante baleiras.

ensenada.jpg


Por iso o Ministerio de Cultura vén de por en marcha un importantísmo fondo documental na rede (http://pares.mcu.es/), que achega incluso os documentos orixinais ós interesados. “Se o Caxado non vai a Mahoma, Mahoma irá ó Caxado”. Deste xeito un total de 1.7 millóns de documentos e 19 millóns de imaxes conforman este Portal que, de momento, alberga fondos do Arquivo Xeral de Indias, Arquivo Xeral de Simancas, Arquivo Histórico Nacional, Arquivo da Coroa de Aragón, Arquivo Xeral da Administración, Arquivo da Guerra Civil, Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, Arquivo Histórico Provincial de Guipuzcoa e Arquivo Histórico Provincial de Vizcaia.
É unha magoa que todavía non se teñan agregado arquivos rexionais nosos coma o do Reino de Galicia, entre outros, que sen lugar a dúbidas, tarde ou cedo acabarán dixitalizándose para poñer a Galicia e a súa historia ó alcance do Universo da Información, da Investigación, e da Cultura.
É unha magoa tamén que non poidamos colgar na rede todo canto nos teñamos cargado a base de iñorancia, de desaprensividade, e de excavadoras.
Podemos visitar os documentos orixinais do Catastro da Ensenada en relación á As Pontes en:
http://pares.mcu.es/Catastro/servlets/ServletController

También podría gustarte
Comentarios