As Pontes e Castro afrontan un partido vital no Poboado

[Diario de Ferrol] As Pontes e Castro volven atoparse na Preferente nun partido trascendental para dous conxuntos que se ubican nas prazas do fondo da táboa, moi lonxe do que nos tiñan afeitos -17.30 en O Poboado-. As Pontes e Castro veñen de caer pola mínima a pasada semana e o que gañe tomarase un respiro, pois contan tan só con sete puntos, o Castro, e cinco, o As Pontes.


Os locais xogan contra un equipo que xa non é o dos dous anos precedentes. As vacas fracas tamén chegaron a un Castro que, dende o seu acceso á categoría, reforzábase cada ano coa vista posta no ascenso. Agora confeccionaron unha plantilla máis modesta, e este ano xa non teñen xogadores de tanto renome e a nova aposta pola xuventude non semella terlles dado un bo resultado. Os problemas que tiveron ata última hora para confirmar a directiva poden ser unha das causas deste arranque da liga que ten ós vermellos.
No cadro pontés, os de Mieres tentarán empezar a facer valer a súa condición de locais. Á vista do complicadas que se están a poñer as cousas neste arranque da liga, vai ser vital comezar a amarrar os puntos da casa. Cando menos, os azuis van recuperndo xogadores, e desta vez tan só tres se perden o choque, por lesión. Non poderán estar na convocatoria Dani, Maikel, e Hugo.

También podría gustarte
Comentarios