As Pontes inicia a búsqueda de fondos para financia-lo trasvase do Eume

30

Lendo lavozdegalicia.com:
“O Concello das Pontes aspira a que o 2005 se convirta no ano decisivo para facer realidade o trasvase do Eume, un vello proxecto do goberno local que ten por obxectivo mellora-lo abastecemento de auga ós polígonos industriais (Penapurreira e Os Airios) e a determinados núcleos da zona rural do municipio, pero que tamén contempla a posibilidade de ceder auga ós outros municipios da comarca no futuro.”…


…”O Concello pediu xa autorización a Augas de Galicia para face-las obras dun gran colector e dun sistema de bombas que permitirán capta-la auga do embalse da Ribeira, para despois levala ó alto do monte da Carballeira e, dende alí, por gravidade, suministrala ós polígonos de Penapurreira e Os Airios, asi como a San Pedro de Eume, Faeira e Goente, entre outros núcleos da zona rural.”…
Fonte: lavozdegalicia.com
Máis información no diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios