As vilas na sociedade da información

Os concellos e o resto de entidades de ámbito municipal e comarcal son os encargados de expoñer e levar á práctica as teorías definidas polas máis altas administracións, que fixan uns marcos previos de actuación. Sempre comezando desde abaixo, as institucións deben traballar cara á solución dos problemas de conectividade, formación e dotación de servizos e contidos.

xornadas.jpg


Son esas pequenas administracións as que coñecen de primeira man as dificultades e os factores que se deben aproveitar para implantar a Sociedade da Información e do Coñecemento. Nesas institucións locais e no seu contexto céntranse estas xornadas.
Ao mesmo tempo, os modelos teóricos dos Concellos das Pontes e Vilalba para a implantación da Sociedade da Información –Pontes Dixitais e Alba Dixital- buscan referentes destacados noutros lugares. A transmisión das boas prácticas constitúe unha forma de aprendizaxe esencial para o avance dos concellos, o que permite familiarizar os cidadáns e cidadás coa Sociedade da Información e promover así a súa inclusión no mundo tecnolóxico.
En definitiva, estas xornadas pretenden ser unha pequena mostra que contribúa ao desenvolvemento das novas tecnoloxías nas Pontes e Vilalba.
Programa
Martes 17 febreiro: VILALBA – Casa da Cultura
9:00 – Entrega de documentación
9:15 – Inauguración
Ignacio Otero López, director xeral de Comunicación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia; Agustín Baamonde, alcalde de Vilalba; Víctor Guerreiro, alcalde das Pontes
UN MARCO PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
9:30 – A creación de Ciudades Digitales
Manuel Lázaro Lafuente (Programa Ciudades Digitales – Dirección Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía)
10:45- Café
11:00- Europa ante as administracións locais:
Teresa Serra i Majem (presidenta de TeleCities e deputada do Parlamento de Cataluña)
12:00- O plan galego para a Sociedade da Información
Alberto Tizón Martín (subdirector xeral de Tecnoloxía da consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia)
13:00 – Boas prácticas na administración local: Teledemocracia
Jose Antonio Rodríguez Salas (Primeiro Tenente de alcalde do Concello de Jun)
14:00
16:00 – O marco autonómico:
– Generalitat Valenciana (16:00)
Jose Benedito Agramunt (director xeral de Telecomunicacións e Investigación da Secretaría Autonómica de Telecomunicacións e Sociedade da Información da Generalitat Valenciana)
– Goberno Vasco (16:45)
Iñaki Suárez Arauzo (director da Área de Sociedade da Información da Sociedade para a Promoción e Reconversión Industrial -SPRI- do Goberno Vasco)
– Junta de Estremadura (17:30)
Miguel Ángel Segovia (coordinador do Plan de alfabetización tecnolóxica da Junta de Estremadura)
CAMBIOS NAS FORMAS DE CONECTIVIDADE
18:45 – Mesa redonda
Neo Sky: Javier Gómez de Segura (director territorial da Zona Norte)
Telefónica: por confirmar
R: Antonio Rodríguez del Corral (xerente de Desenvolvemento de Negocio)
Auna: Javier Mourelle Mouro (Responsable de Enxeñería de clientes da Zona Norte)
Mércores 18 febreiro: AS PONTES – Auditorio da Casa Dopeso
9:30 – Presentación
Francisco da Silva, concelleiro de Desenvolvemento e Urbanismo do Concello das Pontes
O FUTURO DAS VILAS NA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
9:45 – Ignacio Otero López (director xeral de Comunicación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia)
11:00 – Unión municipal para o desenvolvemento da Sociedade da Información
Lucio Villasol (xerente de Localret)
12:00 – Café
12:15 – Boas prácticas na administración local:
-Por confirmar.
– Carreño Digital (13:00)
Ángel Daniel Martín Marcos (Director da Axencia de Desenvolvemento da Mancomunidade do Cabo Peñas)
14:00
PROBLEMAS DE CONECTIVIDADE
16:00 – Telecentros
Ana Álvarez de la Roz (Coordinadora da rede de Telecentros de Asturias)
17:00 – Wireless: a conexión popular
– Un proxecto WI-FI para As Pontes (17:00)
Asociación Informática Amigus – As Pontes

– O caso de Zamora (17:45)
Ángel Macias Salvador(Concelleiro de Fomento, Turismo e Obras do Concello de Zamora)
19:00 – Clausura
Máis información en xornadas.vilasdixitais.org
Fonte: xornadas.vilasdixitais.org

También podría gustarte
Comentarios