BNG As Pontes: O Chamoselo empeora

– O valor do pH no afluente do Eume baixa até 3’9.
– Na súa desembocadura rexístrase, tamén, un verquido de augas residuais.

Cando xa van máis de 15 meses dende que o BNG, daquela no goberno municipal das Pontes, denunciara a situación crítica do río Chamoselo mediante a realización de análises químicos, o estado do afluente do Eume está a empeorar. As medidas levadas a cabo no día de hoxe polo persoal dun laboratorio con experiencia demostran que os anuncios da COTOPT e da Consellaría de Medio Ambiente foron só eso: anuncios; o valor do pH medido na zona coñecida como da ponte romana era de 3’9, cando o día 8 de maio do ano pasado, nas mesmas condicións e no mesmo punto, resultaba ser de 4’9.


A pasividade e despreocupación que durante máis dun ano caracterizaron a “actuación” da Consellaría de Medio Ambiente e que motivaron á situación actual, diron paso ao ninguneo das institucións públicas e dos seus representantes políticos facendo caso omiso das súas reiteradas solicitudes de información (a día de hoxe non existe versión oficial algunha), e, neste momento, parecen chegar ao grao máximo da irresponsabilidade cando todo indica que a Consellaría continúa a facer o mesmo que ao principio: nada.
Cando o Grupo Municipal do BNG interpelaba ao Alcalde das Pontes para que instara á Consellaría de Medio Ambiente a exercer a súa responsabilidade, o goberno socialista municipal contestaba que xa estaba no asunto e que se tiña constituído unha comisión técnica de seguimento da que o Concello forma parte. Dende o BNG das Pontes queremos trasladarlle a dita comisión que no mesmo río Chamoselo, a uns 50 metros da súa unión co Eume, estase a producir un outro verquido importante, neste caso de augas residuais que parecen sair do colector municipal, e que está a producir un impacto, cando menos visual e de cheiro, moi negativo. Esperemos que non tarde tanto en resolverse.

También podría gustarte
Comentarios