BNG LOCAL: UN MES SEN PEDIATRA NAS PONTES
Coa chegada do PSOE á Consellaría de Sanidade o Centro de Saúde das Pontes, que tiña dúas profesionais no Servizo de Pediatría, pasou a ter unha soa.
O número de Tarxetas Sanitarias de nenos/as de 0 a 14 anos que reciben atención neste Centro de Saúde é de 967; é dicir, As Pontes ten un dos ratios máis elevados de tarxetas sanitarias por profesionais de pediatría de toda a Comarca.
Entre o 15 de xullo e o 15 de agosto, a única pediatra que presta os seus servizos no Centro de Saúde das Pontes (A Coruña) estará de vacacións, ás que ten todo o dereito.
Xa que non está prevista a súa substitución neste mes, os nenos/as terán que ser atendidos por algún profesional médico sen esta especialidade ou ben terán que desprazarse a Ferrol, que está a uns 40 Qm.
De man do sr. Alcalde das Pontes, téñense paseado polo noso pobo un número importante de cargos públicos, dende Conselleiros/as a Ministros, pasando por Directores/as Xerais; e outros que non viñeron mandaron fotos; todos estes contactos foron xustificados como un enlace directo para beneficiar a este pobo.
Mais a realidade imponse sempre á propaganda, é hoxe As Pontes ten unha peor atención pediátrica; de pouco serve neste caso o álbum de fotos políticas do sr. Alcalde.
Asemblea Local do BNG