Migrar a Linux pode supoñer un aforro de entre 1.000 e 2.000 dólares por posto de traballo

Lendo theinquirer.es:
“Escribiuse moito sobre a pouca disposición que amosan as empresas para cambiar a Vista, agora que Microsoft suspendeu a venda de novas licenzas de XP. A alternativa está ahí, e no que a custes se refire, non parece haber dúbidas.
Os nosos primos da versión inglesa calcularon, polo menos aproximadamente, o que unha empresa podería aforrarse se migrase a Linux en lugar de actualizar os seus sistemas a Windows Vista. En total, suporía un aforro por posto de traballo de entre 1.000 dólares e 2.050. A estimación máis baixa asume que a empresa mercaría un computador barato e que non se quedaría con XP (polo que non tería que pagar o ‘downgrade’). Trataríase dunha empresa que conte xa cunha licenza do Office. En canto á estimación máis alta, asúmese que a empresa merca un PC de gama alta, quédase con XP e ten que mercar unha licenza de usuario para o Office de Microsoft.”…


…”Evidentemente, a migración a Linux implicaría algúns gastos en formación ós empregados para que se adaptaran ó novo sistema, pero o aforro en futuro hardware e actualizacións de software amortizaría este gasto rapidamente.
A licenza de calquera distro de Linux é gratuita, mentras que por toda a versión de Windows Vista Business Edition se pagan 300 dólares. Moitas, ademáis veñen cunha copia de OpenOffice, co que a empresa se aforra os 500 dólares da suite Office Professional 2007 de Microsoft.
É certo que aplicacións como AutoCAD e Photoshop non teñen substitutos en Linux [nt: CÓMO???], pero se poden mercar estas e facelas correr con Linux a traveso da utilidade Wine, por exemplo.
En canto ó soporte e á asistencia técnica, tamén o que ofrece Linux é máis barato. Por exemplo, a versión que ofrece Novell, OpenSuSe 11.0, e que custa 60 dólares, ven con 90 días de soporte de instalación. Para un soporte a longo prazo, pódese elixir suSe Linux Enterprise Desktop por 50 dólares ó ano, ou dirixirse a Ubuntu e mercar un contrato de soporte do fabricante Canonical que custa mínimo 250 dólares ó ano.”…
Fonte: theinquirer.es

También podría gustarte
Comentarios