Amigus
As Pontes

Borja Prieto ficha polo Clube Deportivo Elemental Piragua de Madrid

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O pontés Borja Prieto Valera, Campión de Europa Sub23 en 2004, medalla de bronce nos últimos Europeos, e cuarto no Mundial de Canadá fichou polo equipo madrileño, tendo que abandonar o seu clube de toda a vida, o Grupo Xuvenil As Pontes.
O palista pontés ten evidentemente unha sensación agridoce, á súa alegría por fichar por un clube tan importante, uneselle a súa tristura por abandonar o clube pontés, do que manifesta “Estou moi agradecido ó meu equipo de toda a vida por darmo todo durante estes anos”
Borja debutará este fin de semana no Campionato de Castela León. O Club Deportivo Elemental Piragua de Madrid foi segundo no Campionato Madrileño celebrado a semana pasada na que o vencedor foi o equipo de Aranjuez.
borja.jpg


Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios