Comunicado Amigus
@migus.org funciona de xeito ininterrompido dende o ano 2003. Un portal, con información sobre a actualidade local e comarcal, onde se dá conta tamén dos avances e novidades que se van producindo no campo da informática, as novas tecnoloxías e a Internet.
Ata a data, a web recibiu máis de 1.700.000 visitas, dispón de máis de 12.000 novas repartidas en 38 categorías, e un álbume fotográfico das Pontes que na actualidade conta con máis de 5.000 imaxes. Todo isto, realizado de xeito desinteresado por veciños da vila, que fan desta web unha fonte de información electrónica de referencia na Rede.
Agora atopámonos que logo de permitir a libre inserción de comentarios nas novas da nosa páxina, a autoridade xudicial púxose en contacto coa Garda Civil de As Pontes para que practicase xestións tendentes á identificacion dos creadores de comentarios con posibles connotacións delictivas hacia o entorno das autoridades municipais pontesas.
Como ben se sinala na páxina a asociación non se fai responsable dos comentarios que se atopan nela, polo que procederemos, se así nolo require o xuíz, a aportarlle os datos dos que dispoñemos para que poidan identificar ás persoas responsables dos comentarios en cuestión.
A partir deste momento e debido a que a determinados usuarios parece que a Internet se lles fai demasiado grande, tódolos comentarios nos que se descalifique ou inxurie a alguén serán retirados, así como tódolos outros que solicite calquera usuario a info@amigus.org, nos que ao seu xuízo se esté ofendendo ou inxuriando á súa persoa.
Seguiremos informando
Asociación Informática @migus