BORJA PRIETO NA CONVOCATORIA DEFINITIVA

A Federación Española de Piraguismo fixo onte publica a lista de convocados para o Mundial que se diputará a vindeira semana en Polonia, do 19 ó 22, confirmando a presencia de Borja no K4 1000 metros.
Dentro das dificultades da proba, e xa considerando a presencia na final como un logro, o palista pontés tratará de manter o seu idilio coa localidade de Poznan, na que aquel 25 de Xullo de 2004 pasadas as 13:00 do medidodía se proclamou Campión de Europa sub23 en K2, ademáis de 4º no K1.
Un aínda moi novo Borja Prieto que sen embargo nesta ocasión fará de ”irmán maior” cos seus compañeiros, todos aínda sub23, Emilio Llamedo, Rodrigo Germade e Diego Piña.
borja.jpg


Definitivamente, no K1 1000 metros estará o asturiano Javier Hernanz, o dominador do ano en esta distancia, pero no K1 500 metros, proba na que Borja venceu nos controis selectivos, a federación considerou oportuno que o gran piragüista asturiano, Francisco Llera, que quedou segundo, sexa o representante estatal. Tamén estarán o canoísta de Pontedeume Yeray Picallo e o do Firrete André Oliveira.
As maiores opcións de medalla para a delegación española pasarán, como non, pola dupla máxica Perucho-Craviotto, e tamén terán as súas opcións Cosgaya-Merchán, Teresa Portela, Javi Hernanz, e a pesar de non estar no seu mellor momento, o talentoso David Cal.
Pero en definitiva, a delegación española buscará gañar confianza en moitas embarcacións a longo prazo pensando no 2012, e, a pesar das duras e intensivas xornadas de adestramento, moitas das grandes potencias xa levan meses coas súas embarcacións definidas, o que será un punto ó seu favor que España tratará de contrarrestar coa calidade e ilusión dos seus palistas e canoístas.
MULLERES
K1 1000 Ana Varela
K1 500 María García
K2 500 Ainara Portela-Isabel Contreras
K4 500 Beatriz Manchón-Jana Smidakova-Sonia Molanes-Teresa Portela
K1 200 Teresa Portela
K2 200 Beatriz Manchón-Jana Smidakova
K1 5000 Ana Varela
Relevos K200 María García-Sonia Molanes-Ainara Portela-Isabel Contreras
HOMES
K1 1000 Javier Hernanz
K2 1000 Emilio Merchán –Diego Cosgaya
K4 1000 Rodrigo Germade-Emilio LLamedo-Borja Prieto-Diego Piña
K1 500 Francisco Llera
K2 500 Francisco Cubelos-Cristian Toro
K1 200 Pablo Andrés
K2 200 Saúl Craviotto-Carlos Pérez Rial
K1 5000 Iván Alonso
Relevos K200 Saúl Craviotto-Francisco Llera-Pablo Andrés-Carlos Pérez Rial
C1 1000 David Cal
C2 1000 Jose Luis Bouza-David Mascato
C4 1000 Antonio Campos-Yeray Picallo-Damián Ramos-Jose Sánchez
C1 500 Jose Sánchez
C2 500 Antonio Campos-Yeray Picallo
C1 200 André Oliveira
C2 200 David Maqueira-Jacobo Domínguez
C1 5000 Jose Luis Bouza
Relevos C200 André Oliveira-David Cal-Jose Luis Bouza-Antonio Campos
Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios