Borja Prieto, subcampión de España en K1 500 metros.

O palista pontés Borja Prieto Valera quedou este sábado segundo na Final A do Campionato de España que se está a celebrar en Verducido (Pontevedra). Tras quedar segundo na súa semifinal, na loita polo título foi batido por Javier Hernanz que fixo un tempo de 1:41:76, Borja 1:42:52, terceiro foi Victor Javier Rodriguez con 1:43:61. Os compañeiros mundialistas de Borja, Pablo Andrés e Álvaro Bravo foron cuarto e sexto respectivamente.


Tamén competiu Borja acompañado de Antonio Polo en K2 1000 metros, foron 5º na súa semifinal e polo tanto non puideron acceder á Final A, pero resarcironse gañando a Final B e obtendo o 10º posto final.
Na xornada de hoxe disputaranse as probas de 200 metros nas que Borja Prieto competirá en K1 e en K2 xunto ó seu irmán César.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios