Brasil e Galicia colaborarán en proxectos Grid e Clúster con Software Libre

Lendo mancomun.org:
“O goberno do Brasil e a Xunta de Galicia empezaron a establecer as bases dun convenio de colaboración que se prevé que se firme antes de final de ano. O convenio ten como obxectivo que as dúas administracións colaboren en implementar aplicacións libres mediante grid e clúster en varios ámbitos como a radioterapia, a xestión ambiental ou en sistemas de xestión de nóminas en áreas de recursos humanos.”…


…”Este primeiro contacto fixérono mediante videoconferencia o director-xerente do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Javier García Tobio, o Secretario Nacional de Tecnoloxía da Información do Goberno do Brasil, Rogério Santanna dous Santos, e o Director de Innovación do SLTI Goberno brasileiro, Corinto Meffe.
Nesta colaboración, Galicia prevé aportar os seus coñecementos en supercomputación e a experiencia do Brasil na implementación a gran escala de varias aplicacións de código libre.
As dúas administracións, o goberno do Brasil e o goberno de Galicia, forman parte da Rede Internacional de Administracións Públicas polo Software Libre. O coordinador da Rede, Marcelo D’Elia Branco (Fundación Observatori para a Sociedade da Información en Catalunya) é quen coordina as reunións entras as dúas administracións, desde Barcelona. Nos próximos días, prevese que se faga outra videoconferencia entre representantes de Galicia e o Brasil para tratar aspectos máis técnicos.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios