Amigus
As Pontes

Buroteco ven para As Pontes

Nunha rolda de prensa celebrada hoxe ás 13:00 horas no Concello, vense de anuncia-la chegada de Buroteco á vila, unha empresa que ofertará ata 50 postos de traballo.
O Grupo Buroteco é a unión de tres empresas cunha longa traxectoria na fabricación e comercialización de consumibles de impresión. Contan con almacéns en Cádiz, Tenerife e Canarias e delegacións comerciais en Barcelona, Sevilla e Madrid. Son a primeira empresa española do sector en acadar as dúas certificacións ISO, ISO 9001: 2000 de cualidade e ISO 14001 de medioambiente.
Conta con máis de 50 empregados.

viteco2.jpg

Adícanse á fabricación de tóner da súa propia marca VITECO.


Máis información da empresa en grupoburoteco.com
[TRVi-As Pontes]
A empresa Buroteco, radicada en Andalucía, concretamente en San Lucar de Barrameda, acometerá en As Pontes un novo proxecto empresarial no campo da reciclaxe de residuos informáticos, especialmente o toner para impresoras. Esta compañía xa sonou nesta comarca hai tres meses, xa que optou tamén á compra da nave de Italtel, que finalmente foi adquirida por Arteixo Telecom. Pero o proxecto que presentou no seu día para garanti-la continuidade da planta de Penapurreira era demasiado interesante como para deixalo perder, e deste xeito o propio goberno pontés comezou a establecer contactos cós promotores para convencelos do atractivo desta zona.
Este mércores o alcalde pontés, Víctor Guerreiro, e os responsables de Buroteco, o seu presidente, Gonzalo Monje, e o director General, Joaquín Fernández, fixeron a presentación ós medios de comunicación deste proxecto.
Gonzalo Monje recordou a xénese deste contacto con As Pontes, derivado da posible compra da nave de Italtel, pero finalmente o grupo andaluz non foi escollido para esta operación. Posteriormente os responsables municipais “perseguíu” a Buroteco e cambiou os designios iniciais do grupo, que xa tiña previsto instalarse noutro municipio do sur peninsular, e de novo se presentou a posibilidade de instalarse no norte de Galicia.
O proxecto consiste en construir unha nave, ben nos Airios ou en Penapurreira, inicialmente duns cinco mil metros cadrados, que dará ocupación a 55 traballadores ó termo de tres anos. No primeiro de actividade xa estarán ocupados nesta planta preto de 50 persoas. A planta funcionará por sí mesma, e segundo o presidente deste grupo, converterase no “buque insignia”, xa que tamén será a plataforma para unha nova actividade que pretende crear empresas franquiciadas para este mesmo tipo de actividade, a través do que se pretende facer unha expansión por toda España. Ademais outra das características desta planta será a súa condición de Centro Especial de Emprego, que permitirá dar formación e emprego a persoas con algunha discapacidade, unha das funcións que Buroteco desempeña dende a súa creación en Andalucía.
Pero esta multiplicidade de actividades que realiza a empresa dende As Pontes non quedará ahí, senón que tamén se porá en marcha un Centro de vendas á Pyme para toda España a través dun “call-center”, e tamén un centro de I+D para a producción de equipos da propia empresa para o desenvolvemento desta actividade. O proxecto pretende completarse en aproximadamente tres anos.
Buroteco é un compendio de tres empresas, naceu hai sete anos, en San Lucar de Barrameda, como unha empresa que se adicaba á remanufacturación de cartuchos de toner de impresoras láser. O plantexamento inicial foi orientado a crear unha empresa competitiva no sector e con posibilidades de expansión. Actualmente este grupo ten en marcha tres empresas distintas, totalmente independentes, que cubre a cadea de valor da reciclaxe de cartuchos, de toner e tinta de impresión. O posterior desenvolvemento levou a Buroteco a abordar outras actividades, e incrementa-lo seu compromiso ambiental. Deste xeito abordouse tamén a recollida homologada e o tratamento de tódolos residuos que se producen no entorno das oficinas; é dicir, a eliminacion de todo tipo de productos, ordenadores obsoletos, teléfonos móbiles, papel e documentación, tubos fluorescentes, baterías, pilas; residuos que hai que reciclar ou destruir de xeito controlado.
Nas próximas semanas comezará o proceso de formación de persoal, para cubri-las areas de fabricación, xestión de residuos, televenda, e loxística. Agora resta atopar unha ubicación concreta, xa que o terreo nos Airios e Penapurreira anda un pouco escaso. Neste senso o Alcalde pontés pedía ás administracións central e autonómica a atender esta necesidade de solo industrial, e lembrou que o Plan da Minería deixou de investir nas Pontes máis de 90 millóns de euros, segundo as estimacións feitas en función do emprego destruído na minería.
aspontes.org

También podría gustarte
Comentarios