Campaña gl_ES en Java

Lendo agnix.org:
“Recibimos este aviso por correo-e:
Este email é unha campaña para apoiar a incorporación do locale gl_ES (Galego en España) á máquina virtual Java de Sun. Por favor, mandade esta mensaxe ás listas e portales que creades oportunos.
O ‘bug report’ é:
http://bugs.sun.com/bugdatabase/view_bug.do?bug_id=5104387
Só tedes que crear unha conta no portal de Java Sun e votar polo bug nese enlace.
Ó carecer deste soporte as aplicacións que pretendan utilizar o locale gl_ES (aplicacións en galego) **NON poderán formatear fechas en Galego** senon que serán formateadas en Inglés.
Non existe forma de agregar ese locale por parte do usuario, a non ser que se recurra a hacks e outras malas artes, obrigando a calquera proxecto con soporte de galego a presentar as fechas en inglés.”…


…”Agregar este soporte apenas supón un mínimo esforzo por parte de Sun, pero o equipo de Sun négase a incorporar este soporte, ó considerar que carece de interese e que non está demostrado que sexa unha lingua oficial (?).
Por iso anímovos a votar por este bug, co fin de lograr o suficiente apoio para que sexa considerado por Sun e sexa definitivamente agregado.
Para iso creade unha conta no portal de Java Online de Sun (http://www.java.sun.com) e votade polo bug en:
http://bugs.sun.com/bugdatabase/view_bug.do?bug_id=5104387
Grazas por colaborar!”
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios