Amigus
As Pontes

CAMPUS DE HOCKEI A PATINS AS PONTES 2024

Celebrouse durante esta semana no Pavillón de A Magdalena.

Esta semana de luns a venres, en horario de mañá, o Pavillón de A Magdalena foi escenario do Campus pontés de Nadal do maravilloso deporte do Hockei sobre Patíns, no que durante estes cinco días os preto de vinte cativos e cativas estiveron a cargo de Lucho Prieto e Martín Barrós “Neto”.

O porteiro que leva toda unha vida no Dominicos de Segunda División, e tamén estivera no Cerceda, en Portugal e en Francia, e que fora Campión de Europa Xuvenil Sub19 en Francia 2006, Portugal 1 – España 5, sendo porteiro suplente de Xevi Puigbí, posterior Campión Mundial en China 2017, e compartindo Selección con Pablo Cancela, Marc Coy, Ferrán Formatjé, Santi Teixidó, Eloi Mitjans, ou Jordi Ferrer, entre outros, case nada.

O venres pola mañá rematou o evento con unha comida no Mesón de Pepe.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios