Este martes, mércores e xoves, en xornadas de mañá e tarde, tivo lugar no Pavillón Municipal o terceiro Campus de Nadal do Lago DVSport de fútbol sala.
Ao longo deste tres días, preto de trinta rapaces e rapazas, recibiron as visitas de Jairo Campo e Suso Pita, do Burela Feminino Campión de Liga, a xogadora con raíces pontesas Raquel Rodríguez Ferreiro, e David Pena, do Castro feminino de Primeira División, e Jaime Paz.
Tamén por parte local participaron no evento o Club de Tenis As Pontes, o Club Baloncesto As Pontes, o Fendetestas de Rugbi, Paula Castro do equipo feminino, Kevin e Senen.
Ao remate do evento entregaronse diversos agasallos e diplomas aos participantes a cargo da Presidenta do Clube, Cristina Maceira, e a Concelleira de Deportes, Elena López.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro