Esta semana iniciaranse os adestramentos das seleccións galegas sub18 e sub16, masculinas e femininas, de cara ás competicións deste 2016-17.
Sergio Otero, do Racing de Ferrol, acude coa galega sub18 cun ano menos. Será o martes ás 16:30 en Abegondo.
Tamén cun ano menos acude á galega sub18 feminina a porteira Malena Mieres. Será este luns ás 18:30 en O Pombal (Cambados).
Na galega sub16 van Andrea Montero, de O Val, e Yara Fernández, do As Pontes. Será este martes 18 as 16:30 e 17:30, en dúas sesións.
Nova cortesía de Xose Ferreiro