CD AS PONTES, QUEN TE VEU E QUEN TE VE

A uns días do inicio da liga, practicamente todo segue igual no CD As Pontes. Esta situación, a primeira en oito décadas, fai que entre os socios, afeccionados e os pais dos nenos dos equipos de base sigan amosando a súa preocupación e inquedanza pola delicada situación que atravesa esta histórica entidade deportiva pontesa.

A uns días do inicio da liga, practicamente todo segue igual no CD As Pontes. Esta situación, a primeira en oito décadas, fai que entre os socios, afeccionados e os pais dos nenos dos equipos de base sigan amosando a súa preocupación e inquedanza pola delicada situación que atravesa esta histórica entidade deportiva pontesa.

Iso si, durante os dous últimos meses houbo desbandada no plantel do primeiro equipo con ata 19 baixas, desapareceu o segundo equipo, non se sabe que vai pasar cos equipos de base, xa que incluso xogadores destes conxuntos tamén se foron a outros clubs. Nos últimos días ficháronse xogadores por doquier, subiron outros do xuvenil e algúns quedaron do pasado ano e esta semana contratouse a un defensa keniano con pasaporte francés.
Con este plantel, comezaron tarde os adestramentos e disputouse a copa Deputación e un amigable en Cedeira. Todo o mundo se pregunta que pode facer Marco Roca -un home da casa moi apreciado- na liga de 3ª División desta tempada con este renovado e xoven CD As Pontes.

Precisamente esta convulsión iniciase cando o Club comezou a recibir as axudas do concello, que non eran nada despreciables, polo que ninguén comprende como se chegou a esta dramática situación en cinco anos, cando esta entidade sempre saíu adiante noutras dificultades que tuvo. Un club, que ademais, paseou con señorío, e durante moitos anos, o nome de As Pontes por todo o territorio español. Eu, coma moitos afeccionados, son un dos sorprendidos e sobre todo decepcionado.

Sen dúbida algunha, quen pode dar unha resposta clara e precisa a esta delicada situación, a primeira en máis de oitenta anos de historia do fútbol nas Pontes, son os responsables que actualmente levan os destinos da entidade, os que na asemblea extraordinaria celebrada o pasado febreiro –na que non se falou do tema deportivo nin do económico e si doutros asuntos- prometeron dar cumprida e detallada información ó final da tempada pasada.
Despois de tres meses do remate da liga, só se fixo unha improvisada presentación do plantel do equipo de Terceira, disputouse a copa Deputación, un amigable e comezaron os adestramentos a marchas forzadas. E os socios e afeccionados ponteses seguen sen saber practicamente nada e como se sairá disto. Por iso, non queda mal o dito popular: ¡¡¡ Ai CD as Pontes, quen te veu e que ten ve !!!

Antón Ferreiro
Socio do CD As Pontes

También podría gustarte
Comentarios